10/8/10

Ni todo vampiros ni solo Quijote


Este é o título dun interesante artigo publicado hoxe en El País e asinado por Inmaculada de la Fuente. Como podemos achegar aos adolescentes á Literatura? Debemos facer unha selección de obras clásicas que lles poidan interesar e prescindir doutras máis complexas? Habería que chegar a un término medio? Supoño que todas estas preguntas e moitas outras similares son comúns a moitos de nos.


Como docente tento que os meus alumnos disfruten coa lectura, máis alá das obras que aparecen na Programación da materia, pero tamén considero fundamental o coñecemento dos clásicos. Non é unha tarea fácil, por suposto, hai que facer una selección previa, fomentar o espíritu crítico, facer uso das novas tecnoloxías, propoñer actividades complementarias... En fin, seguramente todos temos experiencias que poderiamos compartir, así que recomendo a lectura deste artigo para reflexionar sobre esta cuestión.

No hay comentarios:

LinkWithin