31/8/10
29/8/10
Ás de bolboreta
"Nas longas horas da derrota logo da avalancha no valado aquela noite de treboada volveron todas e cada unha das penurias da viaxe e, sobre todo, o teu canto de serea do outro lado do arame e a voz do avó que repetía, non deixedes que vos couten as ás, non permitades que vos couten as ás". (Páx.153)
Esta é unha obra na que moitos personaxes moi diferentes entre sí xúntanse nun café, o Luzada, e comparten cos demais as súas historias, moitas delas cun importante pouso de soidade e sufrimento. Así atopamos a Manuel e ao seu avó que pasan xunto
s varias horas ao día mentres o pai do rapaz traballa (a súa nai morreu nun accidente). Paco e Adolfo, dous amigos que pasan o día rifando e falando de todo o divino e o humano, pero que tamén agochan os seus problemas. A señora Filomena, Iqbal, Aysel... Patricia, detrás da barra, observa a todos eles e mesmo intervén nalgunha situación.
Esta obra obtivo o Premio Fundación Caixa Galicia de
Literatura Xuvenil no ano 2009.
27/8/10
25/8/10
O mundo dos soños
Cristopher Nolan fainos unha interesante proposta nesta película, Origen (Inception): É posible acceder á mente humana e chegar a roubar unha idea do subconsciente cando un está durmido? Cobb,Leonardo DiCaprio, é un experto na materia. Pero, poderiase ir máis alá e facer xustamente o contrario? Cobb e o seu equipo poñense mans á obra e o resultado podémolo ver nesta cinta cuns efectos especiais espectaculares, con referencias mitolóxicas (Ariadne e os laberintos) e cinematográficas (Ciudadano Kane), complexa e atractiva.
22/8/10
The secret of Kells
Ambientada na Idade Media, chega dende Irlanda esta interesante historia ao mundo da animación. Titúlase The secret of Kells.
18/8/10
La noche de los tiempos
Time on our hands. Esta é unha frase que se repite nesta extraordinaria novela de Antonio Muñoz Molina, La noche de los tiempos. A historia de amor entre Ignacio Abel, un arquitecto de prestixio que leva unha vida acomodada, despois de ir escalando socialmente, e de Judith Biely, norteamericana, nos momentos previos á Guerra Civil , non nos vai defraudar. As reflexións que aparecen na obra, os personaxes (moitos deles reales como Alberti, Salinas, Moreno Villa,Negrín...), a minuciosidade das descricións, ... van facer que disfrutemos coa lectura desta novela.
"Habla sin moverse y sin apartar los ojos de Judith. Las palabras brotan de su boca con una determinación sin pausa, aunque apenas separa los labios. Habla y no piensa en lo que va a decir y el sonido de su propia voz lo incita a seguir hablando. En las palabras está la furia, no en él". (Páx.910)
- Título: La noche de los tiempos.
- Autor: Antonio Muñoz Molina.
- Editorial Seix Barral, 958 páxinas.
17/8/10
40 anos
É unha canción extraordinaria. Falamos de Mediterráneo de Joan Manuel Serrat. Compúxose hai agora 40 anos. Segue emocionándonos.
12/8/10
Viñetas desde o Atlántico
Esta é a edición número 13 de Viñetas desde o Atlántico, unha cita fundamental co mundo da Banda Deseñada que temos en A Coruña dende o luns e da que podemos desfrutar ata o vindeiro domingo.
10/8/10
Ni todo vampiros ni solo Quijote
Este é o título dun interesante artigo publicado hoxe en El País e asinado por Inmaculada de la Fuente. Como podemos achegar aos adolescentes á Literatura? Debemos facer unha selección de obras clásicas que lles poidan interesar e prescindir doutras máis complexas? Habería que chegar a un término medio? Supoño que todas estas preguntas e moitas outras similares son comúns a moitos de nos.
Como docente tento que os meus alumnos disfruten coa lectura, máis alá das obras que aparecen na Programación da materia, pero tamén considero fundamental o coñecemento dos clásicos. Non é unha tarea fácil, por suposto, hai que facer una selección previa, fomentar o espíritu crítico, facer uso das novas tecnoloxías, propoñer actividades complementarias... En fin, seguramente todos temos experiencias que poderiamos compartir, así que recomendo a lectura deste artigo para reflexionar sobre esta cuestión.
8/8/10
Letras Galegas 2010; Uxío Novoneyra (VIII)
"PAXAROS voando
o ámeto do canto.
Cada sitio
ten un camiño
que non vai
máis alá".
De Os Eidos.
6/8/10
4/8/10
Los ojos amarillos de los cocodrilos
"A Joséphine le hubiese gustado detener el tiempo, quedarse con ese momento de felicidad y guardarlo en una botella. La felicidad, pensó, está hecha de pequeñas cosas. Siempre se la espera con mayúsculas, pero llega a nosotros de puntillas y puede pasar bajo nuestras narices sin darnos cuenta. Esta noche la había agarrado y no la soltaba. Por la ventana, percibió las estrellas en el cielo y tendió su vaso hacia ellas". (Páx.223)
Aquí temos un relato feito a partir de varias historias, algunhas falsas e outras verdadeiras. As primeiras están baseadas no mundo das apariencias, da superficialidade, e as segundas, máis duras, pasan desapercibidas nun primeiro momento pero son, en definitiva, as que nos chegan ao corazón. E é que esta obra é como a vida mesma, cos seus altibaixos, con relacións familiares e sociais complexas, con momentos de soidade e de impotencia pero tamén de tenrura e de amizade.
É unha historia que nos vai cautivar, pola súa cercanía. Vainos divertir e tamén vai facernos pensar.
- Título: Los ojos amarillos de los cocodrilos.
- Autor: Katherine Pancol.
- Editorial: La esfera de los libros, 549 páxinas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)