27/7/10

Agustí Centelles, colección particular

Esta é unha das fotografías que podemos atopar en Valladolid ata o vindeiro 29 de agosto nunha exposición sobre a Guerra Civil. O autor das mesmas, Agustí Centelles ( 1909- 1985), un dos iniciadores do fotoxornalismo en España, especializouse nesta temática e conseguiu salvar os seus negativos en varios campos de concentración onde estivo preso. Hoxe podemos ter acceso ao seu traballo grazas aos seus fillos.

23/7/10

Misterioso

"La mañana del 2 de abril, Paul Hjelm, sentado a la mesa del desayuno, contemplaba a su familia con nuevos ojos. El desayuno del día anterior había sido ingerido por una persona aniquilada; esta mañana era él, resucitado, quien comunicaba a la familia su renovada situación vital. Recibieron con moderado entusiasmo la noticia de su traslado al centro de la ciudad". (Páx. 84)

O Grupo A é unha asociación de investigadores que vén de crearse na policía sueca. Os seus membros teñen que enfrontarse a casos especialmente complexos, como o do Asasino do Poder, que mesmo elimina calquera proba do lugar do crime, como os casquillos, dificultando o traballo policial. Sen embargo, unha peza musical de Thelonius Monk semella abrir novas posibilidades aos investigadores. Paul Hjelm está atravesando un momento complexo na súa vida laboral e persoal e este caso é todo un reto.

  • Título: Misterioso.
  • Autor: Arne Dahl
  • Editorial Destino, 492 páxinas.



11/7/10

CAMPIÓNS!

CHEGOU O GRAN DÍA E CON EL A VICTORIA!

PARABENS Á NOSA SELECCION!

Ao final as prediccións do pulpo Paul foron atinadas.


9/7/10

Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra (VII)

"VEO o tempo craro do Vrao: as festas i os traballos
Veo a lúa das segas i a gadaña dos prados
os gavilleiros as medas i o troupelear dos mallos"

De Os Eidos.

7/7/10

Mundos dixitais

Dende hoxe e ata o vindeiro 10 de xullo temos unha cita en A Coruña cos Mundos dixitais. Este Festival Internacional de Animación, Efectos Especiais, Videoxogos e Arquitectura Dixital vai xa pola novena edición e cada ano son máis os traballos que se presentan.

2/7/10

2010: Ano Internacional da Biodiversidade Biolóxica

A ONU declarou o 2010 como o Ano Internacional da Biodiversidade Biolóxica (IYB). Este vídeo explícanos este concepto e lémbranos a importancia fundamental que ten para todos nos.

LinkWithin