15/6/10

Escenarios fantásticos

"CARTÓGRAFOS, FORMANDO, PARQUE, RESCATADO, AQUEL, GEOGRAFÍA, HOMBRO, VECES, DIBUJANTE, DONDE,..."
(Páx.150)


Todas estas palabras e moitas outras podemos atopalas en Escenarios fantásticos de Joan Manuel Gisbert (Barcelona, 1949), ilustrado por Miguel Calatayud. Unha obra chea de fantasía na que, a través de dous narradores, Nathaniel Maris, xornalista, e Demetrius Iatopec, mago especializado en capturar espellismos, podemos achegarnos a espazos máxicos e suxerentes cheos de sorpresas, como o parque de atraccións do Arco da Vella onde atoparemos "a máquina de fabricar contos" (dela proceden as palabras iniciais deste post), "a cámara das cóxegas", "o túnel que le os sentimentos"...

Este foi o seu primeiro libro (Barcelona,1979).

  • Título: Escenarios fantásticos.
  • Autor: Joan Manuel Gisbert.
  • Ilustrador: Miguel Calatayud.
  • Editorial Oxford, Col. "El árbol de la Ciencia" nº3, 202 páx.

No hay comentarios:

LinkWithin