29/5/10

Tres metros sobre el cielo

María Rey, entusiasta seguidora das historias escritas por Federico Moccia, fainos a seguinte recomendación de lectura :


"Es una historia de amor, de amistad, de ilusión y de desilusión. Me gustó mucho y lo recomiendo totalmente, pero, en mi opinión, la película es mucho más bonita.

Estep y Bobi, los protagonistas, tienen 21 y 17 años respectivamente y comienzan una bonita historia de amor. Los hechos transcurren en la romántica ciudad de Roma.

El libro tiene momentos de mucha emoción, otros en los que te pondrá la piel de gallina e incluso te hará llorar."
"-Soy feliz. Jamás me he sentido tan bien,¿Y tú?
-¿Yo? Estoy de maravilla.
-¿Hasta el punto de llegar a tocar el cielo con un dedo?
-No, así no.
-¿Ah,no?
-Mucho más. Al menos tres metros sobre el cielo."

27/5/10

Os Maia (II)


“Os Maia” conta a historía dunha rica familia portuguesa a través de dous dos seus membros, Afonso da Maia e o seu neto, Carlos da Maia, ao longo dunha boa parte do século XIX. O autor disecciona a “boa” sociedade portuguesa con grandes doses de ironía e mordacidade, acadando momentos que rozan o esperpento como cando Joao de Ega, amigo de Carlos, disfrazado de demo, acude á casa da súa amante, Raquel, esposa dun banqueiro xudeu, a unha festa de disfraces e é despedido case a puntapés polo traizoado marido, disfrazado, a súa vez, de beduino, en presenza dos seus invitados, moi guapos eles, ataviados de oso e margarita, de tal modo que o drama deriva en opera bufa.


Enfrontado á visión soñadora e idealizadora da literatura romántica e dende unha concepción realista, o autor levanta acta do que ve: un país, un tempo, unha clase…como se dun documento de tratara, como se a novela fora un instrumento científico no estudo da realidade. Instrumento que tamén se utiliza para a crítica social, que revela o desexo de Eça de Queiros de que o seu país, Portugal, saia do seu atraso e se incorpore á modernidade. De todos os xeitos, a pesar de ser partidario do Realismo, o autor non pode substraerse de todo da influencia do Romanticismo e así a historia de amor de Carlos e María Eduarda está pragada de elementos románticos: idealización dos protagonistas ( belísimos él e ela tanto no físico como no moral), idealización dos sentimentos ( amor pleno e total), influencia tráxica do destino…
Agora que se achegan as vacacións e teremos máis tempo para ler, Os Maia é unha boa opción que espero que non vos defraude.

Os Maia

Andrea Ricoy, a nosa xefa de estudos, fainos chegar a seguinte recomendación de lectura, da que, coma sempre, imos tomar boa nota:

Sen dúbida haberá moitos motivos para o retraso da industrialización e modernización de Portugal no século XIX (estruturas agrarias tradicionais, mercados interiores pequenos, difícil integración na economía internacional, escaseza de capital, estruturas políticas obsoletas, elevadas taxas de analfabetismo…), pero despois de ler a magnífica novela “Os Maia” do escritor portugués Eça de Queirós, non me queda a máis mínima dúbida de que un destes factores foi a natureza das clases dirixentes. Vaia tropa! Menuda pandilla de vagos rentistas adicados a todo menos a traballar : festas, comilonas, amores adúlteros, discusións bizantinas sobre o problema do atraso portugués, diletantismo…iso sí, todo do máis “chic” porque que non darían eles por ser, por exemplo, franceses.


*Nota: Como é unha reseña un pouco longa, imos dividila en dúas partes.

26/5/10

Santiago.Cidade Ilustrada

Ata o día 30 de maio, na Fundación Torrente Ballester, imos poder disfrutar dunha interesante exposición que leva por título Santiago.Cidade Ilustrada. Nela podemos ver os traballos de artistas como Jaime Asensi, Pepe Carreiro, Miguelanxo Prado...

Tal e como aparece recollido na páxina web do Concello : "A exposición recolle unha ampla selección de debuxos orixinais que ilustran diferentes libros de literatura infantil e xuvenil destes últimos anos, no que se intenta amosar como Santiago segue a ser obxecto da interpretación dos artistas, pero interactuando con dúas formas narrativas de actualidade: a literatura infantil e xuvenil e a historieta."

21/5/10

Novidades (Maio)

Acabamos de recibir na nosa biblioteca unha morea de novidades nas que podedes atopar un pouco de todo:literatura fantástica, novela policiaca, historias de amor, obras dos grandes clásicos... É unha boa oportunidade para facer unha selección de títulos que vos poidan interesar de cara ao verán.

Novidades Maio on PhotoPeach

19/5/10

Ulises e Calamus (III)

Plantexamos unha nova serie de preguntas aos membros de Calamus:

- Resume o episodio do cíclope.
- Como conseguía Penélope manter a raia aos seus pretendentes?

- Cal era o lugar de destino de Ulises?


16/5/10

A Noite dos Museos

O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos. Coincidindo con esta data e,dende o ano 2005, impulsado polo Consello de Europa e o ICOM (Consello Internacional de Museos), lévouse a cabo a pasada noite a chamada Noite dos Museos.
Trátase de abrir as súas portas en horario nocturno tentando que a xente se anime a visitalos e participe nas actividades propostas. Este ano o lema é Museos para a Harmonía Social e contou coa participación de 3000 institucións de máis de 40 países.

13/5/10

Letras Galegas 2010

Dende a Biblioteca quixemos sumarnos as moitas homenaxes que estes días estanse facendo dende o mundo da cultura a Uxío Novoneyra, autor ao que este ano vai dedicado o Día das Letras Galegas.
Queremos agradecer a axuda prestada polo alumnado do noso centro nesta actividade.

Letras Galegas 2010 on PhotoPeach

11/5/10

Accésit Premios Espiral Edublos 2010


Hoxe recibimos a noticia de que fomos galardoados cun Accésit (ou Diploma) na categoría de Bibliotecas Escolares no IV Premio de Espiral Edublogs 2010. Estamos, loxicamente, moi contentos coa distinción e, dende aquí queremos agradecer o gran apoio recibido por parte de moitos compañeiros, que sempre estiveron aí, animándonos continuamente e que mesmo compartiron con nos o seu premio . Tamén aproveitamos a ocasión para felicitar aos blogs de Mireu què fem a la nostra biblioteca e Biblioteca Viva pola calidade do seu traballo.


MOITAS GRAZAS A TODOS! e moi especialmente a Ars Legendi de A Baña e As Mariñas de Betanzos, polo constante apoio recibido da súa parte.

Este é o listado dos blogs gañadores:

La Fundación (III)

Vamos a plantear algunas preguntas a los alumnos de 2º de Bachillerato sobre la obra que están leyendo en estos momentos:

- ¿Quién era Tomasín?

- Identifica el cuadro al que se refiere Tomás cuando dice: "Exacto. Como un hule que se hubiera resquebrajado. (Señalan). ¿Las veis? Debe ser muy difícil pintar esos efectos. Pero Terboch era un maestro".

- ¿Quién era el mayor de los cinco? ¿Cuál es su edad aproximada?

10/5/10

Zecko

Vasile Alin Bart es un alumno de 2ºESO C, amante del rap y de la lectura, que quiere compartir con todos nosotros, a través del blog de la biblioteca, un poema que acaba de crear. En estos versos combina dos poemas muy conocidos ( "Desde la torre" de Quevedo y la "Elegía" de Miguel Hernández, de El rayo que no cesa), con sus propias aportaciones.

ZECKO
"Retirado en la paz de estos desiertos,
con pocos, pero doctos libros juntos,
vivo en conversación con los difuntos,
lloro mi desventura y sus conjuntos,
y sé que,
no hay extensión más grande que mi herida,
un manotazo duro, un golpe helado,
un hachazo invisible y homicida,
un empujón brutal me ha derribado.
Ahora siento más la muerte que la vida,
sigo buscando una salida,
a esta habitación oscura,
la vida nunca había sido tan dura,
la tristeza dura más de lo que pensaba,
más de una vez, la daba por acabada,
quedé perplejo cuando lo supe, y me fui,
tú preguntarás a los espejos,
ellos no acertarán al responderte,
y yo estaré muy lejos ya, tan lejos,
que habré cruzado el muro de la muerte".

9/5/10

Síguenos en Twitter

De agora en diante tamén podedes estar informados das nosas novidades a través de TWITTER.

La Fundación (II)

" (Los otros entran inmediatamente después: MAX , de unos 35 años, C96 en su camisa, de agradable fisonomía, va a sentarse a la mesa y hojea la revista dejada por Tomás.)
MAX.- ¡Espléndido! Figúrate que hasta hemos jugado a pídola. ¡Y Tulio ha resultado un maestro! (TULIO lo mira, ceñudo.) En caerse, claro. Pero un maestro." (Pág. 52)
La Fundación de A. BUERO VALLEJO (Ed. Espasa Calpe).

7/5/10

Club de lectura Calamus: Terceira proposta


Esta é a terceira proposta de Calamus:

. De fel e mel de Patxi Zubizarreta. Unha historia sobre a inmigración, protagonizada por Selim, un rapaz que vive no Atlas marroquí e quere saber do seu irmá Abdelhadi, nome que non debe ser pronunciado na súa familia. É un relato duro que nos fala dos moitos problemas que ten que sortear un rapaz para saír adiante.


. Gerónimo el Apache de Moebius (serie Blueberry).Wyatt Earp, Gerónimo el apache, Mister Blueberry... Unha historia ambientada no western neste álbum ilustrado por un dos máis coñecidos autores de banda deseñada.



. África en el corazón de Mª del Carmen de la Bandera. Cóntanos a historia de Diko, un xove camerunés ao que nos achegamos por medio das súas lembranzas. É un libro sobre a solidariedade que nos presenta a un protagonista que loita pola súa vida.
Os vosos votos decidirán a vindeira lectura.

6/5/10

Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra (V)

" LUA da xeada!

Faise brasa a leña da ragoada
faise cinsa a brasa
degráñase o millo
fiase o liño mada a mada
ca luz do murillo.

O fuso de lonxe. O fuso de lado.
A roca á illarga. O corpo delgado.

Fiaraza a fiaraza
faise a baraza
baraza a baraza
faise o nuvelo
nuvelo a nuvelo
faise o mantelo".

De Os Eidos

4/5/10

Ulises e Calamus (II)


Continuamos plantexando algunhas preguntas aos membros de Calamus:


- Resume o episodio das sereas.

- Quen era Caribdis?

- Que proba conseguiu superar Ulises?

Viaxe a través dos libros (III)

Unha das actividades relacionadas co Día do Libro era o concurso ,organizado pola biblioteca, para elixir as mellores tarxetas elaboradas polos alumnos (recomendación de lectura e ilustración). Aquí temos aos gañadores ( nos vindeiros días entregaremos os premios).
.1º Premio : Álex Fernández (2ºBH). Lectura: Made in Galicia.

.2ºPremio: Cristina Gómez (2º ESO C). Lectura: Desde mi cielo.

.3ºPremio: Sonia Troitiño (1ºESO C). Lectura : Usha.

2/5/10

Alfred Hitchcock

O pasado 29 de abril cumpríronse 30 anos do falecemento de Alfred Hitchcock (1899-1980). Considerado por moitos críticos como o mago do suspense dirixiu películas como Rebeca (1940), Sospecha (1941), La soga (1948), La ventana indiscreta (1954), Vértigo (1958)... A lista sería interminable.

Queremos lembrar aquí a escea do avión de Con la muerte en los talones (1959).

1/5/10

Tarxeta vermella ao maltratador

Facémonos eco desta campaña que leva por título Tarxeta vermella ao maltratador e lembramos a importancia da nosa actitude neste tema.

LinkWithin