15/4/10

Ollos de auga / A praia dos afogados


Carla segue facéndonos recomendacións de lectura e, aínda que unha das obras xa aparece comentada no post do día 14/02, pareceunos axeitado manter esta opinión para coñecer outros puntos de vista.

"Dous libros de Domingo Villar moi interesantes pola súa temática de misterio e investigación. Dous libros con mortes diferentes, aquí, en Galicia, que pretenden darnos a coñecer que os crimes non só se ven nas series da tele senón tamén na vida real.

Por unha parte Ollos de auga é o primeiro libro que nos comeza a contar a vida do inspector Caldas mentres resolve un crime cruel e noxento.

O seguinte libro, A praia dos afogados, é a continuación da historia biográfica do inspector, que se intercala co asasinato dun mariñeiro cun pasado tráxico.

Recoméndovos estas dúas obras, sobre todo a aqueles afeccionados ao misterio. Mentres, sigo esperando o próximo libro do autor".

2 comentarios:

I. CAMACHO dijo...

Bos días, amigos de Silleda. Como ya sabréis, para nosotros vale muchísimo la pena echar un ojo a este blog y quedarse mucho tiempo recorriendo sus magníficos contenidos. Por eso, os hemos dejado un humilde agasajo en Bibloranca. Parabéns e apertas.

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Muchas gracias por vuestro comentario,Inma, y por este regalo.Aquí tenéis un blog amigo y admirador de vuestro trabajo.
Moitos parabéns e unha aperta enorme.

LinkWithin