20/1/10

Citas pola Paz


Eurípides na obra As Troianas fai un alegato pola paz, unha forte condena da guerra. A diferenza de Homero, non atopa nada heroico na loita e destrucción de Troia. As Troianas reflicte o momento do reparto do botín de guerra tras incendiar a Troia. Deste botín tamén forman parte as mulleres de Troia que serán tratadas como esclavas polos gregos. Eurípides pon en boca das mulleres troianas a súa repulsa pola guerra, en concreto na boca de Casandra "Es preciso, pues, que rehuya la guerra todo aquel que sea sensato..". Segundo o autor nin vencedores nin vencidos triunfan, todos saen perxudicados e destruídos. Así Hécuba ( reina de Troia) recórdalle os vencedores que a súa sorte é efímera. Eles tamén perderon os anos, o esforzo e os seus homes na loita e cando regresen non estarán seguros de atopar as súas familias: " Insensato el mortal que, creyendo ser feliz, se jacta de su seguridad, pues la fortuna con sus veleidades es como un hombre inconstante, cada vez salta hacia un lado distinto, y nadie es dichoso de manera permanente."

2 comentarios:

Arquivos do trasno dijo...

Unha obra extraordinaria. Vina en Mérida representada por actores de diferentes países hai dous anos e as mulleres tiñan unha forza enorme.
Por moito que nos empeñemos, xa está todo nos clásicos.

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Ter a oportunidade de asistir a unha representación teatral en Mérida e todo un privilexio. Coincido no comentario sobre os clásicos.
Saudos

LinkWithin