31/1/10

La voz


Nada é o que parece nesta nova obra de Arnaldur Indridason (Reykjavik, 1961). O rumbo que van tomando os acontecementos é bastante sorprendente e o mesmo poderiase dicirse das persoaxes, así que o de que as apariencias enganan podemos aplicalo a esta novela.

Nun hotel moi coñecido de Islandia aparece o cadáver de Gudlaugur Egilsson, que traballaba de porteiro. Erlendur Sveinson decide aloxarse no mesmo establecemento hoteleiro, sen importarlle as datas (a acción transcorre no Nadal), ante a desesperación do director, que pretende que este feito non altere a normalidade.

A investigación ponse en marcha e, paralelamente, aparecen varias historias, algunhas relacionadas co pasado de Erlendur: " Cuando llegó la primavera y la nieve se fundió, subió a los páramos en busca de su hijo e intentó adivinar el camino que habría seguido en medio de la tormenta, tomando como referencia el punto donde habían encontrado a Erlendur. Parecía haberse recuperado un poco, pero estaba agobiado por el sentimiento de culpa." (Páx. 260).
Con esta obra, o autor recibiu o premio Martin Beck Award á mellor novela negra traducida ao sueco.
  • Título: La voz.
  • Autor : Arnaldur Indridason.
  • Editorial RBA, 332 páxinas.

30/1/10

Irena Sendler:unha muller de Paz

Irena Sendler faleceu en 2008 á idade de 98 anos. Era unha enfermeira polaca que traballou no Ghetto de Varsovia durante a Segunda Guerra Mundial. Logrou salvar a 2500 nenos , moitos deles agochados na súa furgoneta. O seu can matiña alonxados aos soldados. Foi descuberta e os nazis maltratárona brutalmente . Mesmo tentou reunir ás familias dos nenos despois da guerra, xa que tiña un rexistro cos nomes que enterrara baixo unha árbore do seu xardín.

Foi proposta para o Nobel da Paz, pero non a seleccionaron.

Estas liñas pretenden agradecerlle a esta muller extraordinaria o seu labor a prol da Paz.

29/1/10

Citas pola Paz (III)


"Quería aprender lo más que pudiera lo más deprisa posible, para poder cuidar de su madre y de Eldar y de la abuela, y ayudar a los tíos Melita y Miroslav. Quería que su padre estuviera orgulloso de él.

Y cuando fuera mayor sería abogado como su padre. O ingeniero como su madre. O quizá maestro. O arquitecto, y proyectaría bonitos edificios para Sarajevo. O a lo mejor era artista, y pintaba palomas y caballos y rosas y perros en cajas de bombones para regalos especiales.

Pero una cosa sabía que no sería nunca. Nunca sería soldado".


Christobel Mattingley, Asmir no quiere pistolas

28/1/10

La generación del 27

Ahora estamos estudiando en el aula la generación del 27. Con este pequeño vídeo podemos recordar en imágenes a este grupo poético al que pertenecieron, entre otros, Pedro Salinas, Federico García Lorca, Dámaso Alonso, Luis Cernuda, Jorge Guillén ...

25/1/10

Os Buddenbrook

Andrea Ricoy, a nosa xefa de estudos e estupenda lectora, fainos a seguinte recomendación :
Thomas Mann é un autor consagrado da literatura universal; sen embargo, teño que confesar que o que tiña lido del ata o de agora ( “A morte en Venecia”, “A montaña máxica” e “Doktor Faustus”) non me gustara: pareciame moi pesado e un pouco inintelixible, e rematábao polo absurdo sentimento de que hai cousas que é necesario ler. Non me pasou así con Os Buddenbrook”, lino con paixón, desexando retomar a lectura en calquera momento e demorando o máis posible o momento de deixala.
É que son tan certeras a súas descricións, que un cre escoitar o fru-fru da seda dos vestidos das damas, percorrer os salóns e demais estancias da casa dos Buddenbrook, saborear os suculentos pratos das celebracións, ver ás personaxes…Tan atinados os retratos psicolóxicos que entendemos a Tony obsesionada pola distinción, romántica e sentimental, orgullosa e inconsciente víctima da súa condición de muller e do seu sentido do deber para coa súa estirpe, comprendemos os seus desgraciados matrimonios e tamén a súa desolación ao asistir ao declinar da súa familia, desolación da que sempre se recupera porque cos anos vai desenvolvendo un gran espíritu práctico; e que dicir de Christian… moi poucas veces lin un retrato tan axustado: personalidade de espíritu artístico, con dificultade para centrarse nos aspectos prácticos da vida, tendente ao abandono e a desidia, centrado en si mesmo e na análise obsesiva dos seus procesos físicos e psicolóxicos, bohemio e transgresor das convencións sociais. Comprendemos tamén a Thomas, home de mentalidade práctica e emprendedora, defensor da orde, a disciplina e o traballo, pero que debe soportar a pesada carga da dirección da empresa e a familia e que, ás veces, vese sobrepasado por ela e cae nun profundo abatimento, que tamén ten que ver cun sentimento de vacío interior, de vivir a vida como representación. Sentimos distancia respecto a Gerda, esposa de Thomas, bela, fría, reservada, que só se emociona coa música; compadecémonos de Hanno, o herdeiro, tímido, feble, enfermizo, hipersensible e fonte de continua frustración para o seu pai, Thomas, que quere facer del un home de acción, cheo de vigor, dinamismo e determinación.


Está tan ben medido o tempo narrativo que a lectura faise áxil e amena; non ocorre aquí como en tantos libros que nos gustan, pero aos que lles quitaríamos unha boa parte, a este, a pesar das súas case mil páxinas, no lle sobra nada.

Inspirándose na súa propia familia, Thomas Mann cóntanos a historia dos Buddenbrook, ricos comerciantes alemáns, ao longo do século XIX. O autor coñece o seu mundo e recréao con xenial mestría.

Referíndose a Lola Flores dicía o New York Times: “Non sabe bailar nin cantar, pero non a perdan”. Pois ben, Thomas Mann fai bailar as súas personaxes a danza da vida e canta as súas peripecias nun libro inesquecible. Non volo perdades.


23/1/10

Citas pola Paz (II)

" - Tenente -dijo Passini-, comprendemos que nos deje hablar. Escuche. No hay nada peor que la guerra. Nosotros, aquí, en las ambulancias, no nos podemos hacer cargo de lo que es. Cuando uno se da cuenta, le es imposible pararla, porque se vuelve loco.
- Sé perfectamente que es terrible, pero tenemos que aguantar hasta el final.
- No tiene fin. Una guerra no termina nunca.
- Claro que sí. Algún día termina.
Passini movió la cabeza.
- La guerra no se gana con la victoria."
Adiós a las armas de Ernest Hemingway

20/1/10

Citas pola Paz


Eurípides na obra As Troianas fai un alegato pola paz, unha forte condena da guerra. A diferenza de Homero, non atopa nada heroico na loita e destrucción de Troia. As Troianas reflicte o momento do reparto do botín de guerra tras incendiar a Troia. Deste botín tamén forman parte as mulleres de Troia que serán tratadas como esclavas polos gregos. Eurípides pon en boca das mulleres troianas a súa repulsa pola guerra, en concreto na boca de Casandra "Es preciso, pues, que rehuya la guerra todo aquel que sea sensato..". Segundo o autor nin vencedores nin vencidos triunfan, todos saen perxudicados e destruídos. Así Hécuba ( reina de Troia) recórdalle os vencedores que a súa sorte é efímera. Eles tamén perderon os anos, o esforzo e os seus homes na loita e cando regresen non estarán seguros de atopar as súas familias: " Insensato el mortal que, creyendo ser feliz, se jacta de su seguridad, pues la fortuna con sus veleidades es como un hombre inconstante, cada vez salta hacia un lado distinto, y nadie es dichoso de manera permanente."

19/1/10

Club de lectura Calamus:Primeira proposta

Tal e como anunciabamos hai uns días Calamus volve facer acto de presencia para compartir experiencias lectoras cos membros do club. Neste curso imos facer a nosa selección de obras tendo moi presente os Cadernos de viaxe de Hora de ler.

Ao igual que no curso pasado, serán os vosos votos os que decidan as obras sobre as que debatiremos nas reunións.

Esta é a nosa primeira proposta :

. La leyenda del rey errante de Laura Gallego García. "Hubo una vez una época, antes de Mahoma y el islam, en que Arabia fue tierra de misterio y leyenda". Así comeza esta obra que trata sobre a poesía, o destino, o amor... Dúas personas moi distintas , Walid e Hammad, entran en contacto, e, a medida que vai avanzando o relato, sentímonos atrapados por esta historia, ambientada noutra época .

. La selva prohibida de Heinz Delam. Cóntanos a historia de Kabindji, un rapaz africano que parece non encaixar na súa tribu e ao que todos tratan de xeito diferente. Sen embargo, é unha persoa que se desenvolve perfectamente na selva : "Hasta el más pequeño detalle podía servir: una ramita partida, un ínfimo residuo de barro, algunas briznas de hierba aplastada...; nada escapaba al análisis de sus ojos expertos." (Páx.81). Por outra banda, ademais de aventuras, hai un misterio sobre a súa vida que tentará resolver.


. Polos mares do Sur de Jack London. Recolle unha serie de relatos ambientados na Polinesia, por onde viaxou durante os anos 1907-1909. Son historias de aventuras onde se mestura a violencia, a acción e as forzas da natureza. Algunhas dos contos que aparecen no libro son A casa de Mapuhi ou O dente da balea.


Agora so tedes que votar e elixir a lectura que será a primeira do noso club de lectura.

18/1/10

O Decreto do Galego

Hoxe, a Real Academia Galega elaborou un informe sobre a proposta do novo Decreto do Galego. ( pódese acceder dende aquí).
Tamén podedes consultar os traballos doutros compañeiros que, dende as bibliotecas escolares, analizan a situación ( Biblioteca Ollos Grandes, Biblioteca Milladoiro-Malpica, Biblioteca IES Rafael Dieste...)
Queremos lembrar tamén,como fixemos nalgunha outra ocasión, a importancia das palabras de A. Alonso : "Unha lingua foi o que os seus falantes fixeron dela, é o que están facendo, será o que fagan con ela."

Homes pola Paz

Homes pola Paz on PhotoPeach

17/1/10

Un burka por amor


Unha alumna da que imos respectar o seu anonimato fainos a seguinte recomendación de lectura:

" La obra Un burka por amor para mí es el mejor libro. Trata de una mujer española que se enamora de un musulmán. Tras los problemas de la guerra se quedó atrapada en Pakistán, con muchísimas dificultades, soportándolo todo por amor.

Además muestra la fortaleza que podemos llegar a tener por amor.

Se lo recomiendo a todo el mundo."

15/1/10

Mulleres pola Paz

Mulleres pola Paz on PhotoPeach

O último traballo do señor Luna


Esperanza Rodríguez de 2º de ESO fainos a seguinte recomendación de lectura :

" Es un libro que seguramente gustará a la mayoría. Su autor, César Mallorquí, sabe entrelazar las vidas de un asesino a sueldo, una mujer colombiana y un adolescente. Parece difícil pero él lo hizo, y el resultado es una historia realista, emocionante y con una historia de amor. Todo tiene mucho suspense.

Es un libro fácil de entender y al que te enganchas fácilmente. Cuanto más lees más bonito es y, al llegar al final, es cuando te enamoras del libro. Leedlo y ya veréis cómo os cautiva!"

11/1/10

La educación en Roma

Como en la clase de hoy estuvimos hablando de la educación en la época romana, repasamos mediante un pequeño vídeo las cuestiones que comentamos en el aula.

10/1/10

Volve Calamus

O curso pasado Calamus , un dos clubs de lectura do noso centro, tentou achegar os libros aos seus membros, organizando reunións para intercambiar informacións, compartir experiencias lectoras...

Ao longo do presente curso e, tendo en conta a boa acollida que tivo o club de lectura, continuaremos intercambiando as nosas opinións sobre os libros propostos.

A dinámica vai ser a mesma : propoñeranse tres obras e serán os vosos votos os que decidan cal será a elixida. Como este curso o referente das actividades da biblioteca é a viaxe ( As viaxes de Ulises), ese será o fío conductor do noso club.

Estade atentos porque nos vindeiros días aparecerán no blog as tres primeiras propostas.

8/1/10

Unos por otros

" Se cerraron las puertas del coche. Arrancó el motor. Uno de mis compañeros me despertó de un codazo.
-¿Dónde quiere ir, Gunther?- preguntó.
- A la policía -dijo alguien. Para mi sorpresa, era yo-. Quiero denunciar una agresión.
Se oyeron unas risas en los asientos delanteros." (Páx.190)


Esta mostra de sarcasmo, despois de que Bernhard Gunther recibise unha brutal paliza, vai estar moi presente en moitos momentos da obra. Este detective vai ter que facer fronte a unha investigación que traerá unhas imprevisibles consecuencias.

Ambientada nos anos posteriores á Segunda Guerra Mundial, cunha Europa que trata de recompoñerse despois do nazismo, con moitas feridas abertas, fainos ver que moitas persoas agochan un pasado terrible que Gunther tratará de desvelar.
  • Título: Unos por otros.
  • Autor: Philip Kerr.
  • Editorial RBA, 410 páxinas.

5/1/10

Auto dos Reis Magos

Nunha noite especial para moitos rapaces e rapazas, queremos lembrar un texto fundamental que fai referencia a esta temática : o Auto dos Reis Magos , anónimo da segunda metade do século XII.

[CASPAR]
[Solo.]
¡Dios criador, cuál maravila,
no sé cuál es aquesta strela!
Agora primas la he veída;
poco tiempo ha que es nacida.
¿Nacido es el Criador
que es de la[s] gentes Senior?
Non es verdad, no sé qué digo;
todo esto non vale un figo.
Otra nocte me lo cataré,
si es verdad bine lo sabré.

3/1/10

Monte Louro


Esta é unha historia que ten dous nomes fundamentais: Xaviera e Delio . Nai e fillo viven no Salto, a carón do Monte Louro, sen outra compaña ca eles mesmos, podería dicirse, despois de seren abandoados por Mauro, o proxenitor.

A súa existencia non é doada (pobreza, soidade,...) e, nun determinado momento, Delio decide deixar soa á súa nai. Comeza deste xeito un periplo por varias cidades, das que Barcelona ocupa un lugar importante, ata chegar a Bos Aires, onde se instala finalmente.
"Bos Aires é tamén moito máis ca a Barcelona de onde vén de vivir o último e, por tantas cousas, decisivo ano. Bos Aires é para el unha ameazadora cosmópole ocupada arestora nun fragor xeral de coches e masas de xente. Bos Aires abate os seus primeiros pasos con quiñóns dun estrépito ó que el, abraiado mentres deixa atrás o porto, só lle pide o premio gordo da amnesia." (Páx. 363).

Non resulta doado gañarse a vida e,despois de moito tempo e avatares diversos, parece que por fin chega o éxito no traballo e no amor. Sen embargo, o pasado faise presente e, coa axuda da súa muller (Inés) e dunha filla cuxa existencia descoñecía (Olga), haberá que recompoñer as pezas dun puzzle complexo.

Esta obra recibiu o Premio Blanco Amor 2009.

  • Título : Monte Louro.
  • Autor: Luís Rei Nuñez.
  • Editorial Xerais, 681 páxinas.

2/1/10

Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra

Este ano que acaba de comezar está dedicado a Uxío Novoneyra (1930-1999), o poeta do Courel. Pareceunos axeitado neste primeiro post lembrar algúns dos seus versos.

A Branca-Petra do Courel

NO bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo.

( De Os Eidos)

LinkWithin