2/11/09

El hombre inquieto

Na obra asistimos a todo un proceso de reflexión por parte de Kurt Wallander. O tempo pasa, el ten 60 anos e é máis consciente que nunca de que xa non é o mesmo.

"Aquella noche, en el hospital,Wallander tomó una serie de decisiones que,según sospechaba, jamás lograría mantener. Dichas decisiones guardaban relación con sus hábitos de alimentación, la práctica de ejercicio, el interés por nuevos pasatiempos y con emprender una renovada lucha contra la soledad. Ante todo pensaba disfrutar de verdad de sus vacaciones,no trabajar,no lanzarse a la búsqueda de los suegros desaparecidos de Linda.Estar libre,descansar,dormir bien,dar largos paseos por la playa,jugar con Klara." (páx.211).

Hai , por outra banda,unha serie de cambios positivos na súa vida :deixa o seu apartamento de Mariagatan e merca unha casa para poder disfrutar da natureza, lonxe da cidade, Linda,a súa filla, convérteo en avó... pero ten que encargarse dun caso complexo. A medida que pasa o tempo todo parece máis confuso que ao principio : o seu futuro consogro,Hakan von Enke, antigo capitán de fragata, desaparece sen deixar rastro, unha mañá na que saía dar un paseo.Comeza a investigación e ninguén parece dar cos motivos desta desaparición. Por outra banda, Louise, a muller de von Enke, tamén desaparece tempo despois.Paralelamente, unha serie de informacións sobre a familia e o seu entorno cambian a percepción que a xente tiña deles (Cal era o misterio que agochaban? Por que,na década dos oitenta, non se investigaron a fondo as incursións de submarinos en augas suecas?)
Como seguidora dos casos de Kurt Wallander, entristéceme saber que esta será, ao parecer, a derradeira historia do inspector.

No hay comentarios:

LinkWithin