23/9/09

Para viaxar coa imaxinación

"Todas as viaxes son un regreso. Calquera viaxeiro retorna á casa desde o momento en que puxo un pé fóra dela. Hai que volver para contar, para facer da viaxe relato.

Por iso os camiños que emprende o Viaxeiro son vieiros que conducen ao coñecemento e á aprehensión da beleza, que tantas veces hai que rescatar do medio da miseria e do mal. Viaxar é ir ao encontro do que nos emociona na súa contemplación e diante do que abandonamos todo desexo de posesión, porque o gozo está en recibírmolo de xeito gratuíto.

É así que, antes do que a viaxe nos dá, por diante da ensinanza que nos aporta, en realidade o que se nos está dando é un intre, una anaco de tempo no que temos o privilexio de tomar algo do que non tardaremos en nos desprender.

Mais nese momento, nese ínfimo espazo de tempo en que a contemplación da fermosura ou da miseria humana semella abandonarnos, é cando se instala na nosa memoria e faise coñecemento que non constrúe coa exclusión dos outros senón que neles e con eles se fai aprendizaxe, experiencia...e así constrúenos." (Páx. 15)

  • Título: O libro das viaxes imaxinarias.
  • Autor: Xabier P. DoCampo.
  • Ilustracións de Xosé Cobas.
  • Editorial Xerais, 221 páxinas.

No hay comentarios:

LinkWithin