27/7/09

Dúas novas culturais


Chamo a atención sobre dúas novas aparecidas na prensa a semana pasada. A primeira delas fai referencia aos 405 centros lectores abertos en Galicia durante a República. Jesús Manuel García comenta na sección de cultura (La Voz de Galicia, 20/07/09) que no libro de Francisco Xavier Redondo Abad, O fulgor e as tebras.As bibliotecas na Galiza da II República e a súa destrución durante a Guerra Civil ( Ed. Laiovento), dende o 14 de abril de 1931 as autoridades republicanas facilitaron "os instrumentos e ferramentas que farían de Galicia un lugar máis instruído:as bibliotecas." No ano 1937 desapareceran 145. A reportaxe leva por título "Cando os libros eran perigosos".


Na mesma páxina unha columna recolle que na 22ª edición da Semana Negra de Xixón vendéronse 54.000 libros. En palabras do director da Semana Negra, Paco Ignacio Taibo : "Quedou demostrado que a cultura é o mellor antídoto contra a crise."

No hay comentarios:

LinkWithin