28/5/09

O xardín das Hespérides

Os Departamentos de Cultura Clásica e Francés, xunto coa Biblioteca, organizamos unha pequena actividade que leva por título "O xardín das Hespérides". Antes de nada, queremos explicar, tal e como comentaron os alumnos que participaron na inauguración do xardín, que as Hespérides , fillas de Atlas e Hésperis, eran, na mitoloxía grega, as ninfas que gardaban o xardín das mazas de ouro.

Como temos a sorte de estar rodeados de natureza, pareceunos axeitado , aproveitando esta circunstancia, unir a mitoloxía e o medio ambiente. Agora só falta que sigamos lendo as historias dos mitos e que coidemos o noso xardín.

No hay comentarios:

LinkWithin