26/5/09

Club de lectura "Calamus"


Na reunión anterior de "Calamus" comentamos que hai moitos outros títulos sobre o tema do terror. Mencionamos obras como "La hija de la noche" de Laura Gallego García, "Drácula" de Bram Stocker, "Los mejores relatos de terror. Antología" de VV.AA, "El palacio de la noche eterna" de José Mª Latorre, "¡Socorro!" de Elsa Bornemann, "Relatos escalofriantes" de Roald Dahl... e parece que fixestes caso das nosas recomendacións porque estanse collendo estes libros.


Agora imos facer unha proposta diferente, para a que será a derradeira reunión do noso club. Pensamos nunha obra que nos permitira tratar o tema da discapacidade e así eliximos "Marianela" de Benito Pérez Galdós, todo un clásico. A obra cóntanos a historia de Nela, unha rapaza de moi bo corazón que vive libremente nun ambiente marcado pola pobreza e a enfermidade. A protagonista namorarase de Teodoro, un xoven médico, cego, ao que ela serve de lazarillo. Sen embargo,...e, penso que xa non podo dicir nada máis, agora sodes vos os que ides ler a historia e opinar sobre ela.

Nesta ocasión non imos facer preguntas, xa sabedes que normalmente tiñades que respostar a tres cuestións sobre o autor, a obra... Agora vos ides plantexar cuestións e aos demais tócalle adiviñar as respostas. Vai ser algo distinto ao que viñamos facendo pero seguramente servirá para repasar ou para aprender aspectos da vida e obra do autor, da época na que viviu...

Ánimo!

2 comentarios:

Esteban Gerpe dijo...

1. Como se chama o pai de Florentina?
2. Que ano aparece na lápida de Marianela?
3. Como se chama o can de Pablo?

Anónimo dijo...

1.- Manuel Penáguilas.
2.- 186..
3.- Choto

LinkWithin