25/4/09

Club de lectura "Calamus"


José María Latorre ( Zaragoza, 1945) é o autor de "El palacio de la noche eterna", que será a vindeira lectura dos membros de "Calamus". Na actualidade coordina a revista "Dirigido" e reside en Barcelona. É un autor prolífico e entre as súas obras (traducidas, moitas delas, ao catalán, ao italiano e ao polaco) podemos citar :" La incógnita del volcán "(2002), "Encuentro en el abismo" (2004), "El palacio de la noche eterna "(2004), "La mano de la momia "(2005), "La profecía del Abad Negro" (2007) ...

Obtivo o Premio Ciudad de Barbastro en 1996 por "El hombre de las leyendas". Como crítico recibiu o Premio San Pancracio (Extremadura).

Está especializado na Literatura de Terror e nos seus libros a intriga mantense ata o final.
Ímosvos plantexar, como vimos facendo antes de cada reunión, tres preguntas en relación coas obras deste autor :
.1.- Que obra das citadas anteriormente ten relación co nazismo?
.2.- En que parte de Italia reside Isabella? (Como sabedes é unha das protagonistas da obra que imos ler).
.3 .- Poderías citar dous cadros de Botticelli e outros dous de Leonardo?

7 comentarios:

Olga dijo...

A biblioteca 'Bibliocaxado' quere deixar por aqui un presente para esta biblio amiga: o premio Olha que blog Maneiro!http://biblocaxado.blogspot.com/2009/04/premios-para-o-blogue-da-biblioteca.html

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Queremos agradecer este presente,Olga, da Biblioteca "Bibliocaxado". Aceptamos tamén os compromisos que implican. A partir da vindeira semana (somos un equipo e quero consultar co resto dos membros)completaremos a nosa resposta. Para nos é importante este agasallo dunha biblio amiga. Coñezo o voso traballo, aínda que ultimamente non tiven moito tempo de entrar no voso blog, tentarei facelo durante estes días.
Moitas grazas, de novo, por este presente.

Esteban Gerpe dijo...

1. Encuentro en el abismo
2. Villa Lungavita, Florencia
3. Boticelli: El nacimiento de Venus, La primavera

Celia dijo...

Temos un agasallo para vós en Unha lagoa de libros.
Saúdos desde Ourense.

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Agradecemos moi sinceiramente este agasallo que nos chega dende Ourense e felicitámosvos polo traballo que facedes no voso centro. Moitas grazas.

Esteban Gerpe dijo...

3. Leonardo Da Vinci: La Gioconda, San Juan Bautista

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Moitas grazas polas túas respostas,Esteban. A verdade é que dá gusto ter alumnos así. Un saúdo.

LinkWithin