28/4/09

AGRADECEMENTO


Ó longo da pasada semana recibimos unha serie de agasallos que nos fixeron sentir moi afortunados. Fomos seleccionados Finalistas no concurso Edublogs09, xunto con outros blogs da nosa comunidade. Dende aquí queremos felicitar ao resto de compañeiros/-as por acadar este recoñecemento que xa é, en si mesmo, todo un premio.

Aproveitamos a ocasión para agradecer a todos estes fermosos presentes que nos animan a seguir traballando e compartindo experiencias. MOITAS GRAZAS!

Dende Bibliocaxado (CPI Monte Caxado-As Pontes) chegounos o Premio "Olla que blog Maneiro", que quere dicir: "Olha que blog tan chuli!.

Ser un blogue maneiro ten certas obrigas:

- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
- Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.
- Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
- Publicar as regras.
- Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.

Resulta difícil facer unha selección porque todos merecen o noso respeto, así que chegamos á conclusión de que imos tratar de que este agasallo chegue a todo o mundo .
Esta é a nosa selección :

. Biblomelide ( IES de Melide)
. Unha lagoa de libros ( IES As Lagoas, Ourense)
. Bibliobrey (CEIP Fermín Bouza Brey)
. Andel aberto ( IES Fontexería, Muros)
. As Mariñas ( IES As Mariñas, Betanzos)
. Biblocaxado (CPI Monte Caxado- As Pontes)
. Bibliobarro ( IES de Barro)
. Bibliocabe ( IES Río Cabe, Monforte)
. Ó carón da lúa ( CPI de Xanceda)
. Un rato na biblioteca ( CEIP Mestre Martínez Alonso)


Por outra banda, dende Unha lagoa de libros (IES As Lagoas, Ourense) recibimos "o selo violeta" que representa, segundo os seus creadores, “as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".

A aceptación deste selo obríganos a aceptar as seguintes regras:

-Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras.
-Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
-Avisar aos indicados, non hai que esquecerse diso!
-Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

O máis difícil para nos é a segunda regra, porque consideramos que hai moitos blogs que merecerían este agasallo. Imos optar polo criterio mencionado anteriormente e imos conceder o selo violeta aos mesmos blogs citados en Olha que blog Maneiro!
Blogs como Ars legendi , Mesturas, BiblioArzúa... foron xa premiados varias veces e, aínda que o seu traballo parécenos excelente, decidimos, como explicamos no post, repartir os agasallos.
Polo que se refire aos dous poderes máxicos pensamos que, tal vez axudemos a atopar a maxia entre as páxinas dos libros e consigamos despertar a curiosidade pola lectura entre as persoas que nos visitan.

6 comentarios:

Equipo da Biblioteca dijo...

Moitísimas grazas, compañeiros! Non podedes imaxinar canta ilusión nos fai que nos consideredes dignos destas dúas mencións, sobre todo tendo en conta que vós sabedes perfectamente o esforzo que supón manter vivo un blogue escolar.
Soamente desexamos podernos contaxiar un pouco desa maxia que vós rezumades por todas partes. Un millón de grazas unha vez máis!

Ratiños de biblioteca dijo...

Os ratiños de biblioteca do Ceip Mestre Martínez Alonso de Mos estamos encantados do voso recoñecemento como un blog MANEIRO.
Moitas grazas e parabéns polo voso blog.
Ratiño e Ratiña de biblioteca

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Creo que borrei accidentalmente o comentario de Andel Aberto (IES Fontexería, Muros). Síntoo.
MOITAS GRAZAS A TODOS!

Celia dijo...

Moitas grazas polo voso recoñecemento. Unha aperta desde Ourense.

Paramio dijo...

Dende Bibliocabe queremos agradecervos que vos acordarades de nós!!!! Noraboa a vós tamén.
Beatriz González e M. Luz Paramio

Bibliobrey dijo...

Grazas por acordaros de nós!!!
Bicos como páxinas dende Ponteareas

Bea

LinkWithin