29/4/09

Revisando aos clásicos (X)

Outros dous exemplos de obras literarias levadas ao cine : " El perro del hortelano" de Lope de Vega ( Pilar Miró, 1996 ) e "Pygmalion" de G. Bernard Shaw ( "My fair lady" de George Cukor, 1964).



28/4/09

AGRADECEMENTO


Ó longo da pasada semana recibimos unha serie de agasallos que nos fixeron sentir moi afortunados. Fomos seleccionados Finalistas no concurso Edublogs09, xunto con outros blogs da nosa comunidade. Dende aquí queremos felicitar ao resto de compañeiros/-as por acadar este recoñecemento que xa é, en si mesmo, todo un premio.

Aproveitamos a ocasión para agradecer a todos estes fermosos presentes que nos animan a seguir traballando e compartindo experiencias. MOITAS GRAZAS!

Dende Bibliocaxado (CPI Monte Caxado-As Pontes) chegounos o Premio "Olla que blog Maneiro", que quere dicir: "Olha que blog tan chuli!.

Ser un blogue maneiro ten certas obrigas:

- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
- Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.
- Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
- Publicar as regras.
- Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.

Resulta difícil facer unha selección porque todos merecen o noso respeto, así que chegamos á conclusión de que imos tratar de que este agasallo chegue a todo o mundo .
Esta é a nosa selección :

. Biblomelide ( IES de Melide)
. Unha lagoa de libros ( IES As Lagoas, Ourense)
. Bibliobrey (CEIP Fermín Bouza Brey)
. Andel aberto ( IES Fontexería, Muros)
. As Mariñas ( IES As Mariñas, Betanzos)
. Biblocaxado (CPI Monte Caxado- As Pontes)
. Bibliobarro ( IES de Barro)
. Bibliocabe ( IES Río Cabe, Monforte)
. Ó carón da lúa ( CPI de Xanceda)
. Un rato na biblioteca ( CEIP Mestre Martínez Alonso)


Por outra banda, dende Unha lagoa de libros (IES As Lagoas, Ourense) recibimos "o selo violeta" que representa, segundo os seus creadores, “as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".

A aceptación deste selo obríganos a aceptar as seguintes regras:

-Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras.
-Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
-Avisar aos indicados, non hai que esquecerse diso!
-Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

O máis difícil para nos é a segunda regra, porque consideramos que hai moitos blogs que merecerían este agasallo. Imos optar polo criterio mencionado anteriormente e imos conceder o selo violeta aos mesmos blogs citados en Olha que blog Maneiro!
Blogs como Ars legendi , Mesturas, BiblioArzúa... foron xa premiados varias veces e, aínda que o seu traballo parécenos excelente, decidimos, como explicamos no post, repartir os agasallos.
Polo que se refire aos dous poderes máxicos pensamos que, tal vez axudemos a atopar a maxia entre as páxinas dos libros e consigamos despertar a curiosidade pola lectura entre as persoas que nos visitan.

Resultado do Concurso "Palabras de Amor"

No mes de febreiro levamos a cabo unha actividade titulada "Palabras de Amor" (ver post do 19/02/09). Esta iniciativa foi moi ben acollida entre o alumnado, que demandou máis libros, e participou no proxecto. O texto elixido pertence a Os vellos non deben de namorarse de Castelao e a alumna gañadora é Tania Nogueira, de 4º ESO-B, que recibirá o correspondente agasallo da Biblioteca nos vindeiros días.
Tal e como comentabamos cando deseñamos a actividade, o fragmento seleccionado ocupará un lugar destacado na Biblioteca ( non tardará en ser exposto).
" Dáme alento das túas palabras,
dáme celme do teu corazón,
dáme lume cas túas miradas
dáme a vida co teu doce amor ."

25/4/09

Club de lectura "Calamus"


José María Latorre ( Zaragoza, 1945) é o autor de "El palacio de la noche eterna", que será a vindeira lectura dos membros de "Calamus". Na actualidade coordina a revista "Dirigido" e reside en Barcelona. É un autor prolífico e entre as súas obras (traducidas, moitas delas, ao catalán, ao italiano e ao polaco) podemos citar :" La incógnita del volcán "(2002), "Encuentro en el abismo" (2004), "El palacio de la noche eterna "(2004), "La mano de la momia "(2005), "La profecía del Abad Negro" (2007) ...

Obtivo o Premio Ciudad de Barbastro en 1996 por "El hombre de las leyendas". Como crítico recibiu o Premio San Pancracio (Extremadura).

Está especializado na Literatura de Terror e nos seus libros a intriga mantense ata o final.
Ímosvos plantexar, como vimos facendo antes de cada reunión, tres preguntas en relación coas obras deste autor :
.1.- Que obra das citadas anteriormente ten relación co nazismo?
.2.- En que parte de Italia reside Isabella? (Como sabedes é unha das protagonistas da obra que imos ler).
.3 .- Poderías citar dous cadros de Botticelli e outros dous de Leonardo?

24/4/09

Día do Libro (Revisando aos clásicos IX)

No Día do Libro queremos mostrar as actividades desenvolvidas no noso centro e agradecer a ilusión, a axuda e o apoio de moitas persoas que fixeron posible este traballo ( Marisa, Belén, Bernardo, Chus...) A este equipo tamén hai que sumarlle a participación dos alumnos e a do IES Manuel García Barros de A Estrada, que axudou no deseño da actividade nº 3 ("Relacionar textos coas obras de autores clásicos").

22/4/09

Regala unha poesía (Revisando aos clásicos VIII)

Un bo regalo para un día especial coma o Día do Libro pode ser escoitar un poema. Mostramos unha pequena selección de poemas escollidos pola súa beleza. Comezamos por Pablo Neruda.




Outra boa opción é a do poema "Utopía" de Mario Benedetti.



21/4/09

Memorias de África (Revisando aos clásicos VII)

Aquí temos outro exemplo dunha película baseada nunha obra literaria. Como esquecer a historia, a fotografía e a banda sonora de "Memorias de África" ?

20/4/09

La Fundación

Para facilitarlle o traballo aos alumnos de 2º de Bacharelato e, coincidindo coas explicacións teóricas que estes días estamos vendo na aula, ofrecemos un vídeo de La Fundación de Antonio Buero Vallejo.

Revisando aos clásicos (VI)

" A tía Ádega vive nunha casa pequerrecha, sempre ben encaleada, cunha balconeta de madeira entre dúas fiestras xemelas e unha porta de dúas follas. A casa ten fisonomía de moneco, con ollos, nariz e boca, e logo un caparuchete de tellas na cabeza. Cando a tía Ádega cerra unha fiestra, a casa chisca un ollo.

Dentro todo está fregadiño de sábado, co chan estrado de area do mar ben peneirada. No apousento de recebir loce o sofá de de respeto con funda de lenzo cru marcado cunha gran letra vermella bordada a punto de cruz."

. Preguntas : Quen escribiu o texto? A que obra pertence?

. Pista : O autor naceu en Rianxo.

19/4/09

Foise co vento (Revisando aos clásicos V)

Non podemos esquecer unha película coma esta , clásica por excelencia, e baseada nunha obra literaria. Precisamente unha parte da exposición estará dedicada ao mundo do cine. Reproducimos a escea final da película "Foise co vento" dirixida por Victor Fleming no ano 1939 e baseada na novela homónima de Margaret Mitchell.

16/4/09

Revisando aos clásicos (IV)

Unha das actividades que realizaremos a vindeira semana poñerá a proba os vosos coñecementos sobre obras e autores clásicos. Partindo dun fragmento dunha obra literaria teredes que adiviñar o nome da obra e o do seu autor. Animádesvos a participar?
" Todas las familias felices se parecen unas a otras; pero cada familia infeliz tiene un motivo especial para sentirse desgraciada.

En casa de los Oblonsky andaba todo trastocado. La esposa acababa de enterarse de que su marido mantenía relaciones con la institutriz francesa y se había apresurado a declararle que no podía seguir viviendo con él.

Semejante situación duraba ya tres días y era tan dolorosa para los esposos como para los demás miembros de la familia. Todos, incluso los criados, sentían la misma impresión de que aquella vida en común no tenía ya sentido y que, incluso en una posada, se encuentran más unidos los huéspedes de lo que ahora se sentían ellos entre sí."

Por tratarse da primeira proposta imos dar algunha pista. A continuación aparecerán os nomes de tres obras moi coñecidas da Literatura. Tedes que indicar cal é a correcta e tamén deberedes indicar o nome do autor ( aquí xa non damos pistas).
. a) "Anna Karenina "
. b) " La Regenta "
. c) " Madame Bovary "

14/4/09

Premios Climántica

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ven de convocar a Terceira edición dos Premios Climántica, "co obxectivo de sensibilizar sobre o problema do cambio climático."
Establécense tres categorías:

. Literatura (Narrativa, Poesía e Cómics).
. Multimedia ( Curtos, Presentacións, Entrevistas...)
. Artes Plásticas ( Fotografías, Debuxos...)
Os traballos dirixiranse á seguinte dirección de correo electrónico concursos@climantica.org

O prazo remata o 10 de maio.

Os premiados de 6º de Primaria e da ESO poderán desfrutar (do 25 ao 29 de xuño) de varias actividades interesantes e relacionadas todas co Medio Ambiente ( navegación, rotas de sendeirismo, xogos de orientación, obradoiros...)

Para os alumnos de Bacharelato, Ciclos Formativos e Universidade o programa de actividades (do 7 ao 11 de setembro) publicarase na seguinte páxina web http://www.climantica.org/

13/4/09

En un lugar de la Mancha... (Revisando aos clásicos III)

Seguro que moitos de nos lembramos esta adaptación en debuxos animados que se fixo duns dos grandes clásicos das nosas letras. No vídeo que aparece a continuación podemos ver como Alonso Quijano se convirte en Don Quixote.

11/4/09

Revisando aos clásicos (II)

Continuamos revisando outro dos grandes nomes da nosa literatura : Federico García Lorca ( 1898 - 1936 ), coa voz de Estrella Morente.

10/4/09

Revisando aos clásicos

Este mes de abril ( o día 23 celebramos o Día do Libro) imos dedicalo aos clásicos, porque parécenos fundamental non esquecer o moito que aprendemos deles cada vez que os lemos. Son referencia obrigada e a súa contribución é decisiva na historia da Literatura ( e no resto das artes).
Imos comezar pola Poesía.

8/4/09

La mujer de verde



Todo comeza pola aparición do que semella unha costela humana nun edificio en construcción en Reikiavik. A partir deste momento ábrese unha investigación policial, encabezada por Erlendur, un home que trata de reconstruir a súa vida e, mediante moitas analepsis, chegamos ata os anos da Segunda Guerra Mundial e coñecemos de preto o inferno no que vive unha familia de cinco membros.


" Aquella era una de sus armas más poderosas. Los ataques llegaban siempre sin previo aviso y cuando ella menos lo esperaba, aunque todo pareciera ir sobre ruedas, o cuando su marido no estaba de buen humor. Él se proponía mantener la incertidumbre, y nunca estaba segura. Estaba siempre como pendiente de un hilo en presencia de él, dispuesta a hacer lo que fuera. La comida a su hora. La ropa por las mañanas. Mantener a raya a los niños. Mikkelína lejos de él. Satisfacer cada uno de sus caprichos, aunque no sirviera de nada" (páx.93).
  • Título : La mujer de verde.
  • Autor : Arnaldur Indridason.
  • Editorial RBA, 297 páxinas.

7/4/09

120 años de arqueología española en Egipto


Se acaba de inaugurar en el Museo Egipcio de El Cairo una importante exposición arqueológica que con el título de "120 años de arqueología española en Egipto", quiere hacer justicia al importante trabajo desarrollado a lo largo del tiempo por nuestros compatriotas. Desde el descubrimiento de "La tumba de Senenndjen" por Eduardo Toda, hasta los actuales trabajos de Myriam Seco en la tumba de Tutmosis III, han sido relevantes los hallazgos llevados a cabo.

Hasta el día 6 de junio podremos contemplar las 137 piezas de que consta la exposición.

. Fuentes consultadas :

- http://www.eluniversal.com.mx (6 /04/2009).

- http://www.elpais.com/articulo/cultura (7/04/2009).


5/4/09

El hombre más buscado


John Le Carré ( Dorset, 1931) ofrécenos en El hombre más buscado, a súa última novela, un relato crítico da sociedade na que vive.

A historia está ambientada en Hamburgo ( unha das chamadas "zonas cero", segundo un dos personaxes da obra, despois do 11-S). Alí chega Isa, un inmigrante ilegal rodeado de misterio polo que todo o mundo, de súpeto, parece interesarse. Annabel Richter, a súa avogada, é unha muller de principios que tenta defender os intereses do seu cliente por riba de todo e así entra en contacto con Tommy Brue, que dirixe o banco Brue Frères. Hai unhas misteriosas e multimillonarias contas bancarias que agora cobran unha importancia especial.
A medida que vai avanzando o relato, vai aparecendo un maior número de espías, especializados na loita antiterrorista, que deciden poñer punto e final á situación creada.
  • Título : El hombre más buscado.
  • Autor : John Le Carré
  • Editorial Plaza y Janés, 393 páginas.

3/4/09

Club de lectura "Calamus"

Propoñemos a continuación tres novos títulos para a cuarta reunión do noso club de lectura :

- La leyenda del segundo féretro de José María Latorre . Este é un libro que nos vai ter intrigadísimos ata o final. A historia está ambientada en Italia, alí chega Alfredo, invitado pola súa amiga Isabella para asistir a unha voda. Sen embargo, Isabella está moi preocupada e quere facer partícipe ao seu amigo do que lle atormenta. A verdade é que están sucedendo cousas moi raras en Villa Lungavita (portas que non abren, ruidos nocturnos...)

- A seguinte proposta é O cazador de estrelas de Ricardo Gómez. Cóntanos a historia da Bachir, un rapaz de doce anos que vive nunha jaima ,nun campamento de refuxiados . Como non pode moverse da cama a causa da súa enfermidade, ten que estar moi pendente dos ruidos que lle chegan do exterior e deste xeito pode identificar ás persoas, así chega a coñecer a xente moi especial, como Jamida, que lle fará máis levadeira a súa recuperación e co que aprenderá moito.
- O terceiro título é Fahrenheit 451 de Ray Bradbury. O título ten que ver coa temperatura á que arde o papel (233ºC, 451ºF) e este feito está directamente relacionado co argumento da obra. Montag é un bombeiro que se dedica a queimar libros porque na sociedade na que vive existe a crencia de que a lectura non proporciona a felicidade. Sen embargo , antes de que a cidade quede destruida pola guerra e, despois de moitas peripecias, Montag reflexiona...

2/4/09

Día do Libro Infantil e Xuvenil

" Al cumplir los tres años, Matilda ya había aprendido a leer sola, valiéndose de los periódicos y revistas que había en su casa. A los cuatro leía de corrido y empezó, de forma natural, a desear tener libros. El único libro que había en aquel ilustrado hogar era uno titulado Cocina fácil, que pertenecía a su madre. Una vez que lo hubo leído de cabo a rabo y se aprendió de memoria todas las recetas, decidió que quería algo más interesante.

- Papá-dijo-, ¿no podrías comprarme algún libro?

-¿Un libro?-preguntó él-. ¿Para qué quieres un maldito libro?

-Para leer, papá.

-¿Qué demonios tiene de malo la televisión? ¡Hemos comprado un precioso televisor de doce pulgadas y ahora vienes pidiendo un libro! Te estás echando a perder, hija..." (páx.15)

1/4/09

Taller de Encuadernación

No contexto das celebracións que a Biblioteca vai levar a cabo con motivo do Día do Libro e, gracias á axuda da Librería Couceiro de Santiago, a quen dende aquí queremos agradecer especialmente o traballo realizado, pareceunos unha boa idea realizar un pequeno Taller de encuadernación no noso centro para coñecer todo o proceso dende dentro. A iniciativa foi moi ben acollida polos alumnos de 3º de ESO e todos se implicaron activamente na tarea. Aquí podedes ver algunha das fotografías que fixemos das diferentes etapas do proceso.

LinkWithin