9/3/09

Mes de marzo : A muller

Imos dedicar este mes á muller, así que centrarémonos, sobre todo, naquelas obras literarias protagonizadas e escritas por mulleres. Precisamente unha persoa que non quere ser citada acaba de mandarnos a seguinte reseña.

Unha interesante novela que nos permite coñecer parte da historia de Exipto dunha forma amena e achegándonos ós personaxes dende a súa infancia e en todos os ámbitos da súa vida.
Trinta e cinco anos antes de Cleopatra, no antigo Exipto gobernou a princesa Hatshepsut, a primeira muller que chegou a ser faraón nun mundo dominado polos homes. Posuía grandes capacidades para ser Faraón : un forte carácter, sabiduría e vontade. Pero tivo que loitar moito para manterse no poder, xa que contaba con grandes inimigos dispostos a facer o que fora para arrebatarlle o trono.
Senmut, un humilde sacerdote we´eb, que irrumpe na vida de Hatshepsut dunha forma repentina e logra gañarse a confianza e o aprecio da Princesa, convértese nun persoaxe fundamental na novela. Será nomeado Príncipe Herpa-ha e ademáis do seu amante, vai a ser un apoio fundamental para Hatshepsut, tal e como podemos observar no seguinte fragmento da novela :
" Debo partir al campo de batalla y tengo miedo, Senmut. Necesito tus palabras para que me sostengan y me abriguen. Las necesito para llevármelas conmigo y que me protejan. Como reina espero recibir tu homenaje, pero como mujer...- y apoyó sobre su brazo una mano tan leve como la caricia del viento sobre el césped-. Regálame algo tuyo, Senmut."

No hay comentarios:

LinkWithin