7/3/09

A lagoa das nenas mudas

Unha nova alumna vai chegar ó centro onde estudan Valentín, Paz, Severo...así que todos sinten bastante curiosidade por coñecer á nova compañeira. O titor explícalles que Amina é nixeriana, que deben comportarse ben con ela e que só fala inglés. Cando Amina chega á aula, todos están pendentes dela ,e Ío, unha das alumnas, que ten problemas para relacionarse cos demais, faille debuxos explicándolle o que comentan os profesores. Pouco a pouco vai xurdindo entre elas unha relación de amizade. Sen embargo, non todos os compañeiros son coma Ío ...

Por outra banda, ela escríbelle cartas a Edu, un curmán polo que sinte un cariño especial, contándolle o que lle pasa : " (...) Teño tantas ganas de contarche cousas que non sei por onde comezar. Vai moito frío. Non poderías nin imaxinalo! Doe o nariz ó respirar.

(...) Sabes que hai persoas que, aínda que vaia moitísimo frío, teñen sempre a casa quente coma se estivesen en Nixeria? Son casas con calefacción".

  • Título : A lagoa das nenas mudas.
  • Autora : Fina Casalderrey.
  • Ilustracións de Patricia Castelao.
  • Ed. Xerais, 123 páxinas

No hay comentarios:

LinkWithin