3/3/09

Agatha Christie e "Calamus"


Agatha Christie (1890-1976) é unha das grandes autoras de novela policíaca de todos os tempos. Seguramente moitos de nós lemos as súas obras máis coñecidas nalgún momento da nosa vida ( Dez negriños, Asasinato no Orient Express, Némesis, O misterio das sete esferas, O asasinato de Rogelio Ackroyd...) Nos seus relatos coñecemos ó asasino ó final, na derradeira páxina, en moitas ocasións. Moitas das súas obras foron levadas ó cine.

Hai dous detectives, moi diferentes entre sí, que levan a cabo a meirande parte das investigacións. Por unha banda temos a Miss Marple que é unha muller encantadora de idade avanzada e a quen non se lle escapa nada, e a Hércules Poirot, un detective belga moi meticuloso e observador que consegue resolver os casos plantexados por moi enrevesados que poidan parecer nun primeiro momento.


Ímosvos plantexar unha serie de cuestións, antes da terceira reunión de "Calamus":

.1 .- De que cor era o traxe que aparece citado nunha das súas obras?

.2 .- Quen interpretou o papel de Leonard Vole na película "Testigo de cargo" baseado na novela do mesmo título?

.3.- Cal era a profesión de Charles Bessner, persoaxe que aparece en "Muerte en el Nilo" ( "Poirot en Egipto") ?

3 comentarios:

Anónimo dijo...

2. Tyrone Power
3. Médico alemán

Anónimo dijo...

1. O traxe é de cor marrón

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

As túas respostas son perfectas, Esteban. Moitas gracias pola túa participación.

LinkWithin