31/3/09

Mochilas viaxeiras

Unha das actividades que estamos levando a cabo na Biblioteca é a que leva por título As Mochilas Viaxeiras. Vai dirixida ó alumnado do Primeiro Ciclo da ESO. Os alumnos poden ter as mochilas na casa durante unha semana e comprométense a coidar o material das mesmas (libros, DVD´s...)


Mostramos a continuación algúns dos comentarios que aparecen na libreta que as acompaña:

" Las películas han estado bien. El cómic de Astérix y los Juegos Olímpicos también".

" Paréceme moi boa idea á da mochila viaxeira, así podemos pasalo ben lendo libros e vendo películas coa familia".
"Toda idea que promova a unión da familia paréceme interesante e lucrativa xa que vivimos nunha sociedade (na) que a convivencia comeza a escasear. Considero que todo aquelo que podamos compartir cos nosos fillos enriquécenos como personas e sobre todo como pais".

"Los libros no me gustaron, las películas sí".

"Las películas están bien, lo malo es que son muchos los libros que se mandan para leer".

28/3/09

Ano Internacional da Astronomía (III)

Outra das actividades que realizamos no centro, no contexto do Ano Internacional da Astronomía, foi a utilización de imaxes dunha exposición itinerante que percorreu xa varias cidades (dentro e fora de España). Podemos ver o Sistema Solar, as Estrelas e Nebulosas, as Galaxias ...

A exposición titúlase "O Universo para que o descubras" ( http://astronomia2009/proyectospilares )

27/3/09

Estela


Alberto Domínguez, lector do mes de xaneiro, fainos a seguinte recomendación :
Ésta es la primera entrega de la serie de cómics Estela. Recomiendo este tipo de cómics para la gente a la que le gusten las historias de acción y de lucha. La protagonista, Navis, es una superviviente humana y vive con Hauyo, un tigre gigante que muere por salvar a Navis,que consigue aliados para luchar contra Heileig, un alienígena que necesita calor para vivir.


Si queréis saber como acaba, coged este cómic y la continuación en la biblioteca. A mí me parece uno de los mejores cómics que hay.

25/3/09

Ano Internacional da Astronomía (II)

O Departamento de Matemáticas comezou a celebración do Ano Internacional da Astronomía coa publicación dun completo artigo "Do ano estrelecido" e , dende entón, unha serie de Departamentos do noso centro ( Latín e Grego, Francés, Plástica, Galego e Castelán) e a Biblioteca, decidimos, coa axuda dos alumnos, preparar unha pequena exposición sobre este apasionante tema. Deste xeito e, mediante o traballo en equipo, puidemos revisar os nosos coñecementos de Mitoloxía, coñecer de preto o mundo dos astros, achegarnos ós planetas, ver as principais constelacións, ...

24/3/09

Agatha Christie e Calamus (III)

Lembramos a todos os membros de "Calamus" que a vindeira sesión do noso club de lectura celebrarase o martes, día 31 de marzo, ás catro e media da tarde, na Biblioteca.


Seguro que despois de ler un libro coma este imos ter moito do que falar...

23/3/09

Dos velas para el diablo


Vera Patricia Franco Gomes, lectora do mes de novembro, e gran admiradora da escritora Laura Gallego García, fainos a seguinte recomendación :


Neste libro cóntase a historia dos anxos e dos demos, do que cre a xente, do principio da vida humana e de como de lonxe pode chegar o amor.

Unha vez máis, Laura Gallego inventa toda a historia dun mundo, aínda que ese mundo sexa a terra.

Recomendo este libro, como o resto das obras desta escritora.

Novidades na Biblioteca (II)

Tendo en conta que as vacacións de Semana Santa están á volta da esquina, informamos dalgunhas das adquisicións recentes da nosa biblioteca, para que os animedes a lelas nestes vindeiros días de descanso.

22/3/09

Ano Internacional da Astronomía


O 2009 foi declarado o Ano Internacional da Astronomía e a Biblioteca quere contribuir cunha serie de actividades o coñecemento desta ciencia. Imos comezar por lembrar a un bo número de mulleres que contribuiron de xeito importante ó avance da astronomía.
. Hipatia de Alejandría ( 355- 415 ó 416).

. Fátima de Madrid ( astrónoma musulmaná que viviu no século X).
. María Winckelmann Kirch ( 1670- 1720).

. Nicole Reine Lepaute ( 1723- 1788).

. Caroline Lucretia Herschel ( 1750 - 1848 ).

. Maria Mitchell ( 1818 - 1889 ).

. Williamina Paton Stevens Fleming ( 1857 - 1911 ).

. Annie Jump Cannon ( 1863 - 1941 ).
. Henrietta Swan Lewitt ( 1868 - 1921 ).

. Cecilia Payne- Gaposchkin ( 1900 - 1979 ).

. Paris Pismis ( 1911 - 1999 ).

21/3/09

La poesía de los poetas


" Hay una poesía magnífica y sonora; una poesía hija de la meditación y del arte, que se engalana con todas las pompas de la lengua, que se mueve con una cadenciosa majestad, habla a la imaginación, completa sus cuadros y la conduce a su antojo por un sendero desconocido, seduciéndola con su armonía y su hermosura. Hay otra natural, breve, seca, que brota del alma como una chispa eléctrica, que hiere el sentimiento como una palabra y huye, y desnuda de artificio, desembarazada dentro de una forma libre, despierta, con una que las toca, las mil ideas que duermen en el océano sin fondo de la fantasía.

La primera tiene un valor dado: es la poesía de todo el mundo. La segunda carece de medida absoluta: adquiere las proporciones de la imaginación que impresiona; puede llamarse la poesía de los poetas".

20/3/09

La niña de los tres nombres


Este libro cóntanos a historia de Lieneke, una nena de nove anos, que, na segunda guerra mundial viuse obrigada a deixar a súa casa e agocharse de todas aquelas persoas que querían acabar coa súa vida polo feito de ser xudía. O seu pai, coa axuda da resistencia, consegue que varias familias , arriscando a propia vida, acollan ás súa fillas e que estas estean a salvo. Durante o tempo que están separados manteñen o contacto a través de cartas, emotivas e cheas de debuxos, que hoxe se conservan no museo Beit Lojamei Haguetaot.


Lieneke (Nili Goren) na actualidade vive en Israel e ten 76 anos.


" Este libro está dedicado a Vonnet y al doctor Henry Kohly, a Alice y al doctor Harry Cooymans, a los verdaderos héroes de las guerras : las personas que salvan vidas".

  • La niña de los tres nombres.
  • Autora: Tami Shem-Tov.
  • Editorial Emecé, 268 páginas.

17/3/09

Novidades na Biblioteca

Informamos dalgunhas das novidades editoriais que acabamos de recibir na nosa biblioteca. Tentaremos ir publicando nas vindeiras datas as reseñas que faltan.
Tendo en conta que imos ter algúns días libres por diante, non parece unha mala opción dedicar unha parte do noso tempo á lectura...

16/3/09

103 anos

Falando na clase de hoxe dos novelistas no exilio, comentei os 103 anos de Francisco Ayala . Aproveito a ocasión para sumarme os moitos parabéns que seguramente recibirá no seu cumpreanos, co desexo de que a súa lucidez nos siga acompañando .

15/3/09

El silencio de los claustros


Alicia Giménez Bartlett ( Albacete, 1951) é unha das nosas máis recoñecidas especialistas no xénero policíaco e acaba de recibir o Premio Raymond Chandler polo conxunto da súa obra.

O seu último traballo, "El silencio de los claustros", é un caso especialmente complexo e tanto a inspectora Petra Delicado coma o subinspector Garzón deben esforzarse a fondo para dar coa solución do caso.

O asasinato dun monxe que facía unha investigación e a desaparición da reliquia sobre a que traballaba abren moitas incógnitas. Por unha banda, unha das liñas abertas apunta a un acontecemento histórico, concretamente á Semana Tráxica, tamén podería ser que a principal familia benefactora do convento teña algo que ver... Non se descarta nada.

Mentres, ambos investigadores loitan cuns costumes moi alonxados da súa forma de ver a vida ( Garzón pon a proba o seu vocabulario cada vez que pisa o convento ) e Petra, máis dunha vez, desespera ante a falta de resultados concretos.
  • El silencio de los claustros.
  • Autora : Alicia Giménez Bartlett.
  • Editorial Destino, 462 páxinas.

12/3/09

Wikilengua

Recomendamos hoy una página web que puede resultar muy útil en nuestras clases, para repasar la gramática, aprender, solucionar dudas concretas sobre diversos aspectos... Podéis consultarla en el siguiente enlace http://www.wikilengua.com/

9/3/09

Mes de marzo : A muller

Imos dedicar este mes á muller, así que centrarémonos, sobre todo, naquelas obras literarias protagonizadas e escritas por mulleres. Precisamente unha persoa que non quere ser citada acaba de mandarnos a seguinte reseña.

Unha interesante novela que nos permite coñecer parte da historia de Exipto dunha forma amena e achegándonos ós personaxes dende a súa infancia e en todos os ámbitos da súa vida.
Trinta e cinco anos antes de Cleopatra, no antigo Exipto gobernou a princesa Hatshepsut, a primeira muller que chegou a ser faraón nun mundo dominado polos homes. Posuía grandes capacidades para ser Faraón : un forte carácter, sabiduría e vontade. Pero tivo que loitar moito para manterse no poder, xa que contaba con grandes inimigos dispostos a facer o que fora para arrebatarlle o trono.
Senmut, un humilde sacerdote we´eb, que irrumpe na vida de Hatshepsut dunha forma repentina e logra gañarse a confianza e o aprecio da Princesa, convértese nun persoaxe fundamental na novela. Será nomeado Príncipe Herpa-ha e ademáis do seu amante, vai a ser un apoio fundamental para Hatshepsut, tal e como podemos observar no seguinte fragmento da novela :
" Debo partir al campo de batalla y tengo miedo, Senmut. Necesito tus palabras para que me sostengan y me abriguen. Las necesito para llevármelas conmigo y que me protejan. Como reina espero recibir tu homenaje, pero como mujer...- y apoyó sobre su brazo una mano tan leve como la caricia del viento sobre el césped-. Regálame algo tuyo, Senmut."

8/3/09

Día da Muller Traballadora

"Mediante el trabajo ha sido como la mujer ha podido franquear la distancia que la separa del hombre. El trabajo es lo único que puede garantizarle una libertad completa".
Simone de Beauvoir


7/3/09

A lagoa das nenas mudas

Unha nova alumna vai chegar ó centro onde estudan Valentín, Paz, Severo...así que todos sinten bastante curiosidade por coñecer á nova compañeira. O titor explícalles que Amina é nixeriana, que deben comportarse ben con ela e que só fala inglés. Cando Amina chega á aula, todos están pendentes dela ,e Ío, unha das alumnas, que ten problemas para relacionarse cos demais, faille debuxos explicándolle o que comentan os profesores. Pouco a pouco vai xurdindo entre elas unha relación de amizade. Sen embargo, non todos os compañeiros son coma Ío ...

Por outra banda, ela escríbelle cartas a Edu, un curmán polo que sinte un cariño especial, contándolle o que lle pasa : " (...) Teño tantas ganas de contarche cousas que non sei por onde comezar. Vai moito frío. Non poderías nin imaxinalo! Doe o nariz ó respirar.

(...) Sabes que hai persoas que, aínda que vaia moitísimo frío, teñen sempre a casa quente coma se estivesen en Nixeria? Son casas con calefacción".

  • Título : A lagoa das nenas mudas.
  • Autora : Fina Casalderrey.
  • Ilustracións de Patricia Castelao.
  • Ed. Xerais, 123 páxinas

5/3/09

El señor del Cero


" Un collar se rompió mientras jugaban
dos enamorados,
y una hilera de perlas se escapó.
La sexta parte al suelo cayó,
la quinta parte en la cama quedó,
y un tercio la joven recogió.
La décima parte el enamorado encontró
y con seis perlas el cordón se quedó.
Vosotros, los que buscáis la sabiduría,
decidme cuántas perlas tenía
el collar de los enamorados".

  • Tíulo :El Señor del Cero
  • Autora : Mª Isabel Molina
  • Editorial Alfaguara, 153 páginas.

Día da Muller Traballadora


O vindeiro 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora e a Biblioteca quere colaborar dalgún xeito con esta importante celebración. Somos conscientes de que aínda queda moito por facer, pero tamén de que foi moito o que se acadou ata o momento e non debemos esquecer o traballo de todas aquelas mulleres que o fixeron posible.

A Biblioteca do IES Pintor Colmeiro propón a seguinte actividade: facer unha redacción sobre a historia dunha muller ficticia ou real que serva de exemplo para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Unha vez que a teñas feita, deposita a túa redacción no buzón situado no hall do instituto e non esquezas que haberá importantes premios. O prazo remata o 13 de marzo.

Lembramos que na biblioteca tes unha morea de libros escritos e protagonizados por mulleres que seguramente te sorprenderán. Para facilitarche o traballo xa fixemos unha selección de historias. Agora só falta que as escoites ...

3/3/09

Agatha Christie e "Calamus"


Agatha Christie (1890-1976) é unha das grandes autoras de novela policíaca de todos os tempos. Seguramente moitos de nós lemos as súas obras máis coñecidas nalgún momento da nosa vida ( Dez negriños, Asasinato no Orient Express, Némesis, O misterio das sete esferas, O asasinato de Rogelio Ackroyd...) Nos seus relatos coñecemos ó asasino ó final, na derradeira páxina, en moitas ocasións. Moitas das súas obras foron levadas ó cine.

Hai dous detectives, moi diferentes entre sí, que levan a cabo a meirande parte das investigacións. Por unha banda temos a Miss Marple que é unha muller encantadora de idade avanzada e a quen non se lle escapa nada, e a Hércules Poirot, un detective belga moi meticuloso e observador que consegue resolver os casos plantexados por moi enrevesados que poidan parecer nun primeiro momento.


Ímosvos plantexar unha serie de cuestións, antes da terceira reunión de "Calamus":

.1 .- De que cor era o traxe que aparece citado nunha das súas obras?

.2 .- Quen interpretou o papel de Leonard Vole na película "Testigo de cargo" baseado na novela do mesmo título?

.3.- Cal era a profesión de Charles Bessner, persoaxe que aparece en "Muerte en el Nilo" ( "Poirot en Egipto") ?

1/3/09

La sociedad literaria y el pastel de piel de patata de Guernsey


De Amelia a Juliet
18 de febrero de 1946

" (...) Y así fue como empezamos. Yo conocía a todos los miembros, pero no a fondo. Dawsey había sido vecino mío durante treinta años, y aun así, no podía creer que sólo hubiera hablado con él del tiempo y de cultivos. Isola era amiga mía, y Eben también, pero Will Thisbee era sólo un conocido y John Booker era casi un desconocido, ya que había llegado cuando vinieron los alemanes. Elizabeth era lo que teníamos en común. Sin su estímulo, yo nunca habría pensado en invitarles para compartir el cerdo, y la Sociedad Literaria y el Pastel de Piel de Patata de Guernsey nunca habría existido.
Esa noche, cuando vinieron a mi casa a hacer su selección, aquellos que apenas habían leído nada aparte de las Sagradas Escrituras, catálogos de semillas y "La gaceta del criador de cerdos " descubrieron una nueva forma de leer. Fue aquí donde Dawsey descubrió a su Charles Lamb e Isolda se abalanzó sobre "Cumbres borrascosas". Por mi parte, escogí "Los papeles póstumos del club Pickwick", pensando que me levantaría el ánimo. Y lo hizo.
Después cada uno se fue a su casa a leer. Empezamos a quedar, primero por el comandante, y luego por nuestro propio placer. Ninguno de nosotros tenía experiencia con clubs de lectura, así que pusimos nuestras propias normas. Nos turnábamos para hablar de los libros que habíamos leído. Al principio, intentamos estar tranquilos y ser objetivos, pero esto pronto se acabó, y el propósito de los que hablaban fue incitar a los demás a que leyeran el libro. Cuando dos miembros habían leído el mismo libro, podían debatir, cosa que nos encantaba. Leíamos libros, hablábamos de libros, discutíamos sobre libros, y nos fuimos cogiendo cariño unos a otros. Otros isleños nos pidieron unirse a nosotros, y nuestras veladas juntos se convirtieron en momentos alegres y animados; casi pudimos olvidar, de vez en cuando, la oscuridad exterior. Todavía hoy nos reunimos cada quince días" .(Pág. 61- 62).
  • La sociedad literaria y el pastel de piel de patata de Guernsey.
  • Autor : Mary Ann Shaffer y Annie Barrows.
  • Editorial RBA, 303 páginas.

LinkWithin