3/2/09

Edgar Allan Poe e "Calamus".


A segunda das lecturas de "Calamus", elixida por vos, vai ser O escarabello de ouro de Edgar Allan Poe (1809-1849), de quen se celebra este ano o bicentenario do seu nacemento. Só viviu 40 anos e a súa existencia estivo marcada por cuestións de varios tipos , entre elas, as económicas e as relacionadas cun excesivo consumo de alcohol.

É un dos grandes clásicos da literatura de misterio e terror. "Sus relatos son artefactos lógicos, de precisión clínica, y en ellos cada acontecimiento y cada detalle se encaminan a producir un efecto único y traumático" , podemos ler en "El País" (24/01/09). Algúns dos seus títulos máis coñecidos son, ademais do xa citado, "O gato negro", "Os crimes da rue Morgue", "A máscara da Morte Vermella", "Manuscrito atopado nunha botella", "Ligeia" e "O pozo e o péndulo".

Ímosvos plantexar unha serie de cuestións sobre a súa obra :
.1.- ¿A que relato pertencen as seguintes liñas? : "Era unha minuciosa descrición anatómica e pormenorizada do grande orangután leonado das illas da India Oriental. A súa xigantesca estatura, a súa prodixiosa forza e axilidade, a súa salvaxe ferocidade e as capacidades imitativas destes mamíferos son ben coñecidas de todos. Comprendín entón, de golpe, todo o horror daquel crime".

.2.- Cal é o título do seu poema máis coñecido?

.3 .- Segundo el, cal era a súa mellor historia?
Iremos publicando as vosas respostas. Ánimo!

3 comentarios:

Vera Patricia dijo...

A resposta a primeira pregunta é Los crimenes de la calle Mogue, á segunda é El Cuervo e á terceira é Eureka, creo eu. Por certo, my ben o pasei na primeira reunnión!

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

As dúas primeiras respostas son correctas, Vera ( hai unha pequena errata en "Mogue", entendemos que querías dicir "Morgue"). Pero a terceira resposta é incorrecta. Alegrámonos de que o pasaras ben na reunión.
Un saúdo.

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

A resposta era "Ligeia".

LinkWithin