25/1/09

Planet Earth


A BBC fainos unha estupenda proposta para as mañás dos domingos : poder desfrutar dunha serie televisiva que co título de Planeta Terra invítanos a coñecer máis de preto as marabillas da natureza.


Cunha fotografía espectacular, puidemos contemplar no programa de hoxe, adicado ás Montañas, os Andes, as Montañas Rocosas, o Himalaya, así como a vida dos animais e as plantas que habitan nelas. Resulta incrible que, nunhas condicións climatolóxicas moi adversas e nuns riscos tan escarpados, o leopardo das neves, do que é difícil conseguir imaxes, poida desenvolverse con tanta soltura.



No hay comentarios:

LinkWithin