7/1/09

Dúas citas coa cultura

Ata o día 25 de xaneiro imos ter a oportunidade de ver en Santiago, no Museo do Pobo Galego, unha interesante exposición sobre a Vía da Plata , con toda a súa riqueza artística, histórica... É unha boa oportunidade para revisar os nosos coñecementos sobre o tema e para valorar a importancia do Camiño de Santiago na nosa cultura.


Por outra banda, na Biblioteca da Fundación Caixa Galicia, tamén en Santiago, podemos achegarnos ó mundo da literatura visitando a mostra que leva por título Un ano de boas lecturas.


. Fonte consultada : A Voz de Galicia, 7/01/2009.

No hay comentarios:

LinkWithin