2/1/09

Club de lectura "Calamus"

Como sabedes, este mes teremos a primeira reunión do club de lectura, pero antes de celebrala, precisamos coñecer o título do que será o segundo libro de "Calamus". Ó igual que a vez anterior, ímosvos propor tres títulos e vos teredes que votar.

Comezamos por O escarabello de ouro de Edgar Allan Poe ( 1813- 1849), todo un clásico na narrativa de misterio e terror. Nesta historia, protagonizada por William Legrand, Júpiter, o seu criado, e o narrador, e, despois de atopar un escarabello de ouro, imos ter que descifrar unha mensaxe secreta (53+++305))6*;4826)4+.)4+);806*:48+8¶60))85;1+(;:+*8+83(88)
5*+;46(;88*96*’;8)*+(;485);5*+2:*+(;4956*2(5*—4)8¶8*;406
9285);)6+8)4++;1(+9;48081;8:+1;48+85;4)485+528806*81(+9;
48;(88;4(+?34;48)4+;161;:188;+?;)para dar coa clave que nos permitirá atopar o tesouro.

A segunda proposta é El cazador del desierto de Lorenzo Silva. A acción transcorre en Getafe, preto de Madrid, e no seu instituto ó que chega un alumno moi peculiar : non resposta cando pasan lista, falta a clase, desafía ós profesores... Tres amigas sinten certo interés, sobre todo unha delas, Irene, a primeira da clase. Transcribo a continuación unhas cantas liñas : "A los ojos de Irene se asomaban unas cuantas lágrimas. Ni Silvia ni yo recordábamos haberla visto llorar nunca. Tampoco llegó a hacerlo esa tarde. Quizá para ayudarse a contener aquellas lágrimas que temblaban al borde de sus párpados, en sus labios empezó a temblar una historia. Es la historia que copiaré ahora, procurando respetar lo que ella nos contó." (páx.90).


O terceiro libro é A banda sen futuro de Marilar Aleixandre. Esta obra recibiu o Premio Lazarillo no ano 1999. Carlota, unha rapaza da vosa idade, e a protagonista desta historia, está triste por varios motivos. Por unha banda, cambia de cidade e debe comezar o curso noutro instituto, e, por outra, ten un problema de saúde que lle obriga a ir coa cabeza cuberta, o que lle ocasiona moitas situacións incómodas. Tampouco pode contar co seu ídolo,Poch, un cantante dun grupo musical...
Agora só tedes que votar e a obra elixida será a que leamos todos os membros do club.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Elena vota polo libro: O escarabello de ouro

Anónimo dijo...

Voto por: O escarabello de ouro

Anónimo dijo...

Votamos por o escarabello de ouro

Anónimo dijo...

O escarabello de ouro

Anónimo dijo...

Vera Patricia Vota por A banda sen futuro.

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Parece que está claro que a próxima lectura de "Calamus" vai ser "O escarabello de ouro".

LinkWithin