29/12/08

Paraíso inhabitado

A soidade, o mundo da infancia e da preadolescencia, a incomunicación, a tenrura...son temas presentes nesta obra de Ana Mª Matute (Barcelona, 1925). Hai tamén unha parte importante de autobiografía, porque Adri é en realidade Ana Mª Matute, cos seus medos e a súa imaxinación. É ela a que busca o cariño dos demais, as caricias da súa nai e a vida que ela quere vivir, a carón de Gavi, de Eduarda, das Tatas, , lonxe da existencia acomodada e superficial da súa familia.
Ó longo da obra percibimos unha fronteira entre o seu mundo e o dos "Xigantes", ó que ela se resiste a pertencer.
"Aquella primera sensación de "nosotros" y "ellos" me persiguió aún durante mucho tiempo; y aún hoy me asalta de cuando en cuando, devolviéndome sombras que acaso no desaparezcan jamás de mi memoria. Tal vez la infancia es más larga que la vida ." ( páxina 66).
  • Paraíso inhabitado de Ana Mª Matute
  • Editorial Destino, 396 páxinas.

19/12/08

Ano Internacional do Planeta Terra



Este ano 2008 que está xa na súa recta final foi o Ano Internacional do Planeta Terra. É crucial coidar o noso entorno para ter unha boa calidade de vida e conseguir unha utilización racional dos recursos naturais para que tanto nos como as xeracións futuras poidamos continuar coa nosa vida. En definitiva, dependemos da Terra , así que é tarea de todos conservala.

Parécenos interesante aportar unha serie de datos para que reflexionemos e tomemos conciencia do que se fixo ata o de agora e do que podemos facer no futuro :
- Deforestación e erosión en aumento.
- Destrucción da diversidade vexetal.
- Ritmo máis lento na extinción de vertebrados terrestres e mariños causada por humanos.
- Desaceleración das emisións de xofre e chumbo.
- Crecemento dos bosques en Suecia, Xapón, NE de EE.UU...
Houbo datos moi negativos pero tamén acadáronse melloras.
O desenrolo sostible está nas nosas mans.
. Fonte consultada : "La Voz de Galicia" (17 de decembro do 2008, la voz de la escuela ).

16/12/08

Frío, frío ...

Estes días estamos a pasar frío, non cabe dúbida. Nevou en moitos lugares da nosa xeografía, houbo que poñer cadeas para poder conducir... Así que parece un bo momento para lembrar algunhas das moitas obras ambientadas no inverno que podemos ler mentres tomamos un café ben abrigados. Ata parece que podemos sentir o frío dos protagonistas das obras!



Engadimos tamén un vídeo de Doctor Zhivago coa súa inesquecible banda sonora ( o tema de Lara de Maurice Jarre).

14/12/08

Club de lectura "Calamus"

Despois de elixir a que será a primeira lectura de "Calamus", Campos de fresas de Jordi Sierra i Fabra, imos comezar a traballar, sobre o escritor e tamén sobre a súa obra.
Jordi Sierra i Fabra naceu en Barcelona no ano 1947. Escribe dende que era moi novo . Recoñeceu en varias entrevistas que tiña problemas de comunicación na súa infancia e adolescencia, así que a súa forma de relacionarse cos demais foi a través da escritura. Ten publicado moitas obras sobre outra das súas grandes aficións : a música . Podemos citar Historia de la música pop (1962-1972), Mitos del pop inglés (1973), El rock, la música de nuestro tiempo (1990)...

É un dos autores máis recoñecidos na Literatura infantil e xuvenil e a súa obra é inmensa. Algúns dos títulos máis coñecidos son os seguintes : Noche de viernes (1993), Malas Tierras (1994), Campos de fresas (1997), La voz interior (1997), Un hombre con un tenedor en una tierra de sopas (1998), Las chicas de alambre (1999), Víctor Jara ( Reventando los silencios) (1999), Dormido sobre los espejos (2000), Buscando a Bob ( 2005), Kafka y la muñeca viajera ( Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2007)...

Ímosvos prantexar ós membros de "Calamus" un pequeno traballo de búsqueda :

. 1 .- Quen foi Víctor Jara?

.2 .- En que país está ambientado Dormido sobre los espejos?

. 3 .- Que profesión tiñan as protagonistas de Las chicas de alambre?
Agardamos as vosas respostas!

13/12/08

Escritor oculto



Na súa autobiografía oficial este escritor retrátase a si mesmo. ¿Sabedes de quen se trata? Aí van unhas cantas pistas :


"Permítame que le cuente unas cuantas cosas sobre mí. En los viejos tiempos, lo más fácil era referirse a mí como un espía reconvertido en escritor. Pero ése no fue el caso. Más bien soy un escritor que, cuando era muy joven, pasó unos pocos años poco productivos, pero muy formativos en los servicios de inteligencia británicos. No conocí a mi madre hasta los 21 años. Actúo como un caballero, pero mi educación dejó mucho que desear. Mi padre fue un timador y un huésped habitual de las cárceles. Lean El espía perfecto. Odio el teléfono. No sé escribir a máquina. Escribo mis obras a mano. Vivo junto a unos acantilados de Cornualles y odio las ciudades. Mi tope máximo son tres días y tres noches en una ciudad."

11/12/08

Actividades relacionadas co medio ambiente



. Coincidindo coa celebración do Día dos Dereitos Humanos, a facultade de Filosofía de Santiago de Compostela está a organizar unha serie de actividades que levan por título Dos Dereitos Humanos aos Dereitos dos Animais. Así, o xoves 18 de decembro, no salón de actos proxectarase a película EARTHLINGS- Moradores da terra.




. O Consello da Xuventude de Galicia (CXG) convoca dous premios relacionados co medio ambiente : o Premio Chapapote e o Premio Carballo. Trátase de valorar cales foron os feitos ou accións ó longo deste ano que repercutiron positiva ou negativamente no medio ambiente, nos animais ou plantas. As propostas deben enviarse coa referencia "Premios Medio Ambiente - CXG" a info@cxg.org


. O día 20 de decembro remata o prazo para participar no I Certame de Relatos Curtos "Amigos para sempre". Para ler as bases podedes consultar a páxina do CXG http://www.cxg.org/

10/12/08

60 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Hoxe cúmprense 60 anos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. O día 10 de decembro de 1948, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou este texto fundamental para todos nos. A continuación lembramos os primeiros artigos :
Artículo 1
Todos los seres humanos nacen libres e iguales en dignidad y derechos y, dotados como están de razón y conciencia, deben comportarse fraternalmente los unos con los otros.

Artículo 2
1. Toda persona tiene todos los derechos y libertades proclamados en esta Declaración, sin distinción alguna de raza, color, sexo, idioma, religión, opinión política o de cualquier otra índole, origen nacional o social, posición económica, nacimiento o cualquier otra condición.

2. Además, no se hará distinción alguna fundada en la condición política, jurídica o internacional del país o territorio de cuya jurisdicción dependa una persona, tanto si se trata de un país independiente, como de un territorio bajo administración fiduciaria, no autónomo o sometido a cualquier otra limitación de soberanía.

Artículo 3
Todo individuo tiene derecho a la vida, a la libertad y a la seguridad de su persona.

Artículo 4
Nadie estará sometido a esclavitud ni a servidumbre, la esclavitud y la trata de esclavos están prohibidas en todas sus formas.

Sen embargo, a realidade é moi diferente.



8/12/08

Mal de escola

Gustoume moito este libro de Daniel Pennac ( Casablanca, 1944), baseado nas súas propias experiencias como o mal alumno que foi ó longo da súa vida académica e que, co paso do tempo, logrou converterse nun estudante que acadou unha licenciatura universitaria, nun profesor preocupado polos seus alumnos e nun escritor de éxito.

Son moitas as cuestións que se tratan no libro, sempre dende a óptica dos chamados malos estudantes e tamén dende a do profesor experimentado que coñece o sistema educativo e tenta reflotar ó seu alumnado, desmotivado, cunha baixa autoestima... El mesmo di que agradece sobre todo a influencia de varios dos seus profesores, namorados do seu traballo, que tiveron paciencia con el, que lle esixiron,... todo o que fixeron por despertar nel o mundo do coñecemento. Comenta tamén ó longo da obra a importancia da lectura neste proceso. As páxinas finais (299-301) , no bloque que leva por título "O que significa amar" , son unha especie de resumo das súas ideas sobre o papel do profesor

Aínda que poida resultar un pouco longa esta reseña, non me resisto a reflexar aquí as palabras que aparecen nas páxinas 69-70 do libro : " Os nosos "malos estudantes" (alumnos cualificados sen posibilidades) nunca veñen sós á escola.
Na clase entra unha cebola: algunhas capas de tristura, de medo, de inquietude, de rancor, de cólera, de ganas insatisfeitas, de renuncia furiosa, acumuladas sobre un fondo de pasado vergoñento, de presente ameazador, de futuro condenado. Mirade, velaí chegan co seu corpo nas medras e a súa familia na mochila. A clase non pode comezar realmente até que pousaron o fardo no chan e a cebola está pelada. É difícil de explicar, pero unha soa mirada ás veces abonda, unha palabra condescendente, unha palabra de adulto que confía, clara e estable, para disolver estas penas, aliviar eses espíritos, instalalos nun presente rigorosamente indicativo.

Naturalmente, o benestar será provisorio, a cebola recompoñerase á saída e sen dúbida haberá que comezar ó día seguinte. Pero iso é ensinar: é volver comezar até a nosa necesaria desaparición como profesor. Se fracasamos en instalar o noso alumnado no presente indicativo da nosa clase, se o noso saber e o gusto por empregalo non prenden neses mozos e nesas mozas, no senso botánico do verbo, a súa existencia abaneará sobre as fochancas dunha carencia indefinida. Por suposto, no teremos sido os únicos en cavar esas galerías ou en non saber enchelas, pero estas mulleres e estes homes pasarán un ou varios anos da súa mocidade alí, sentados perante nós. E non é nada un ano de escolaridade perdido : é a eternidade nun acuario".
  • Mal de escola.
    Autor : Daniel Pennac.
  • Editorial Xerais, 301 páxinas.

4/12/08

Culturgal

Dende hoxe ata o día 7 de decembro temos unha cita importante coa cultura en Culturgal, ou o que é o mesmo, a Feira Galega das Industrias Culturais, que acaba de comezar en A Coruña. Música, Libros, Programación para o público infantil... son, entre outras, algunhas das moitas posibilidades de achegarnos ó mundo da cultura. É unha oportunidade que non debemos perder. Podedes ampliar a información na súa páxina web : http://www.culturgal.com

2/12/08

Visita a Lucus Augusti

O alumnado de Cultura Clásica, acompañado polas profesoras Marisa Díaz e Belén González, tivo a oportunidade de facer unha visita a Lugo, hai uns días. Aquí temos o relato da súa experiencia.

O xoves vinte de novembro saímos do instituto ás nove menos dez para dirixirnos a Lugo.Chegamos alí a iso das dez e media, a nosa primeira visita foi a do Museo provincial onde nos explicaron un pouco a historia dos romanos e tamén dos castrexos, o pobo que habitaba Galicia antes da chegada dos romanos.

Ensináronnos miliarios (pedras que se colocaban nos camiños e indicaban os quilómetros que faltaban para chegar a ta outro lugar), un mosaico, unha enorme estela funeraria e xoias castrexas entre outras cousas. Despois fomos á casa dos mosaicos onde puidemos ver os restos dunha antiga casa romana (domus) e nos proxectaron unha película explicando todas as partes da casa e as súas funcións. Logo fomos ó centro de interpretación da muralla no cal puidemos ver dous vídeos nos que se falaba do proceso da creación da muralla, da súa finalidade, da súa actual conservación etc.


Ó saír tivemos un tempo para comer e dar unha volta ó noso aire e para rematar a excursión demos unha volta á muralla todos xuntos e ás catro xa estabamos voltando ó instituto.



1/12/08

Stephenie Meyer




STEPHENIE MEYER

Na biblioteca do instituto acabamos de mercar a obra completa desta autora:

Crepúsculo
Luna nueva
Eclipse
Amanecer

Trátase, a groso modo, da complicada historia de amor entre unha moza e un vampiro. A historia comeza con Crepúsculo e continua con Luna nueva e Eclipse. Irás descubrindo a historia de amor máis aditiva da nosa época que culmina coa cuarta entrega: Amanecer, onde por fin descubrirás os segredos desta romántica saga épica que ven de fascinar a millóns de persoas.

Sara Penide (2ºBACH A): “É unha historia moi intrigante dende o comezo, xa que vas descubrindo pouco a pouco toda a trama. A revelación de que a personaxe é un vampiro acrecenta aínda máis as ansias por descubrir como remata todo. Persoalmente, gustoume moito, e aínda que pareza que os libros teñen moitas páxinas e que vai ser aburrido, a historia está tan ben narrada, que nunca te esgotas de ler, sempre queres saber máis... Recoméndolla a todos os alumnos do instituto”.



"Hay tres cosas de las que estoy
completamente segura.
Primera. Edward es un vampiro.
Segunda, una parte de él se muere por beber mi sangre.
Y tercera, estoy total y perdidamente enamorada de él."


(Contraportada do libro)

LinkWithin