2/11/08

Palabras con memoria

Afirmaba Amado Alonso que "una lengua ha sido lo que sus hablantes hicieron de ella, es lo que están haciendo, será lo que hagan con ella". Enlazando con estas ideas, lembramos novamente a importancia de iniciativas como as que está dirixindo Isidro Novo en defensa da nosa lingua, tentando que todos aportemos o noso gran de area na defensa das Palabras en perigo de extinción das que temos falado varias veces no noso blog.

As últimas incorporacións son as seguintes :

- FULIQUEIRO : Persoa disfrazada de calquera maneira, coa cara cuberta cun trapo ou careta e roupa vella. Tamén se aplica á persoa que anda mal vestida.
- GABUXAS : Cóxegas.

- GANDELO / GANDELEIRO : Pan / Panadeiro.
- GANDILLADA : (¿Variante de gandallada?) Substantivo colectivo para referirse a un conxunto de nenos e nenas con certo menosprezo.

- GANIPAS : Ponlas, ramas.

- GANSEIRA : (Ademais doutros significados) Sinónimo de caínzo.

- GATA (FACER A ) : Faltar a clase, latar.

- GRADICELA : (Ademais doutros significados) Estrela de mar.

- GRALLUDO/A : Hostil, difícil, duro.

No hay comentarios:

LinkWithin