29/11/08

El chino

"Skare, frío intenso. Mediados de invierno.
Uno de los primeros días de enero de 2006, un lobo solitario cruza la frontera sin señalizar y llega a Suecia desde Noruega a través de Vaudalen".
Así comeza a nova obra de Henning Mankell ( Estocolmo,1948), que é moi diferente ás anteriores, protagonizadas polo inspector Kurt Wallander. Agora atopámonos en Hesjövallen, un pequeno pobo de Suecia, no que aparecen salvaxemente asasinadas 19 persoas. Pero a investigación policial levada a cabo por Vivi Sundberg queda relegada a un segundo plano. A xuiza Birgitta Roslin entra en escea porque entre as víctimas aparece a familia adoptiva da súa nai. A partir de aí comeza a historia que nos levará a varios países ( EE.UU, China, Zimbabue...), fundamentais na reconstrucción dos feitos.

Son moitas as páxinas dedicadas a China e a súa sociedade, na que se enfrontan o pasado e o presente, pouco antes da celebración das olimpiadas. Tamén aparece reflexada a sociedade sueca (critícase o sistema xudicial, por exemplo, representado por Birgitta Roslin). Hai moitas reflexións ó longo da obra e isto ralentiza o ritmo narrativo ( o discurso de Yan Ba, que comeza na páxina 334, a min resultoume lento ).

A novela ten unha estructura circular. No epílogo podemos ler : "Aquel día, Birgitta Roslin fue a comprar a la tienda de siempre de vuelta a casa. En la cola de la caja tomó del expositor uno de los diarios de la tarde y se puso a hojearlo mientras esperaba su turno. En una de las páginas del diario leyó distraída que habían matado a un lobo solitario en un pueblo al norte de Gävle".
  • El chino.
  • Autor : Henning Mankell.
  • Editorial Tusquets, 471 páginas.

2 comentarios:

Oki dijo...

Ten moi boa pinta esta recomendación de lectura. Vou apuntala para Biblioarzúa, e para lela eu, por suposto.

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Pois esperemos que che guste o libro,Oki. Un saúdo.

LinkWithin