19/11/08

Club de lectura "Calamus"

Estas son as tres primeiras propostas de Calamus :

- El fantasma de Canterville y otros cuentos de Oscar Wilde. Neste relato, escrito no ano 1887, cóntasenos a historia da familia Otis, de orixe norteamericana, que decide instalarse en Inglaterra e mercar o pazo de Canterville onde, segundo din, habita unha pantasma "dende hai trescentos anos". Lord Canterville conta que "Lady Canterville pasaba noitas enteiras sen durmir, con aqueles bruídos tan raros que se sentían ó final do corredor da biblioteca".
É un libro divertido co que podemos pasar un bo rato vendo as reaccións de cada membro da familia ( Virginia, Washington...) ante as aparicións do espectro.

- Campos de fresas de Jordi Sierra i Fabra. É unha obra moi diferente á enterior. Ambientada na época actual, cóntanos a historia de Luci, que entra en coma despois de tomar unhas pastillas, e a súa loita por saír adiante. Eloy, o seu mozo, trata de atopar á persoa que lle proporcionuo a pastilla, Loreto, a súa mellor amiga, tamén ten os seus propios problemas (loita contra a bulimia...) , o inspector Espinós trata de esclarecer os feitos, o doutor Pons tenta salvarlle a vida... Ten un ritmo narrativo rápido e mantén a intriga ata o final.
- Cartas de amor de Fran Alonso. Este libro, publicado no ano 2006, e, tal como indica o propio título, está formado por unha serie de cartas de amor, pero moi especiais. Detrás de cada carta hai unha muller valente que conta unha historia sobre a guerra, a violencia, a inmigración... É unha historia que nos vai facer pensar en moitos temas da sociedade actual.
Agora tócavos enviar comentarios sobre os libros seleccionados e votar por aquel que máis vos guste. O que saia elixido será o que leamos todos no club de lectura. Así que ÁNIMO! AGARDAMOS AS VOSAS OPINIÓNS!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

paréceme moi ben este club

Anónimo dijo...

Pedro Gil Pallares prefire El fantasma de Canterville

Anónimo dijo...

nos votamos por campos de fresas

Anónimo dijo...

Nerea, Elena e Sabela preferimos Campos de fresas

Vera Patricia dijo...

Vera Patricia prefire campos de fresas.

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Respetando as vosas preferencias, imos comezar pola lectura de "Campos de fresas" de Jordi Sierra i Fabra. Iremos publicando no blog información relacionada coa obra.

LinkWithin