31/10/08

La lámpara de Aladino


Despois de ler "Un viejo que leía novelas de amor" , a verdade é que as obras de Luis Sepúlveda ( Chile, 1949) síguense con verdadeiro interese. Nesta ocasión ofrécenos doce contos que non defraudan e que levan por título "La lámpara de Aladino", que se corresponde co último dos relatos da obra.


Temos historias variadas e ambientadas en países como Chile, Alemania, Brasil... e protagonizadas por algúns persoaxes que xa apareceron en anteriores libros do autor, como o mencionado ó principio ( é o caso de "La reconstrucción de la catedral"). Hai amor, morte, amistade, lembranzas...O primeiro dos temas aparece, por exemplo, no conto que leva por título "¡Ding-dong, ding-dong!, son las cosas del amor!" e tamén en "La isla". Hai tamén espazo para o humor e a ironía ( "El ángel vengador").

  • La lámpara de Aladino
  • Autor: Luis Sepúlveda
  • Editorial Tusquets, 174 páxinas.

28/10/08

Aniversario de Jacques Brel

Este ano non só as letras francesas están de sorte coa concesión do premio nobel a Jean-Marie Gustave Le Clézio, xa que tamén temos que celebrar os 50 anos da morte de Jacques Brel co seu inolvidable " Ne me quitte pas", balada amorosa que segue en plena vixencia.

Mes da biblioteca escolar

O día 5 de outubro comentabamos no blog que ó longo do mes levariamos a cabo unha serie de actividades para conmemorar o Mes da Biblioteca escolar. Por ese motivo e, tal e como alí se dicía, comezamos o reparto dos carnés lectores, aumentamos o número de libros das bibliotecas de aula, elaboramos unha pequena exposición fotográfica... e fixemos unha actividade de animación lectora cos alumnos/as de 2º de Bacharelato A que nos pareceu interesante. Dende a biblioteca quero agradecer a colaboración prestada por alumnos e profesores. Esperamos que o resultado sexa do voso agrado.


27/10/08

As mochilas viaxeiras


A partir da vindeira semana comezará a actividade das MOCHILAS VIAXEIRAS.Os obxectivos fundamentais que tentaremos acadar coa mesma serán os de fomentar a lectura e ofertar o material da nosa biblioteca ás familias. En cada mochila hai unha selección de material en varios soportes para que todos poidan desfrutar da lectura. Tamén hai unha libreta na que cada familia pode engadir suxerencias, comentarios sobre a actividade, preferencias...


Cada luns, no primeiro recreo , os alumnos baixarán á biblioteca e recollerán as mochilas. poderán telas na súa casa durante unha semana, ata o luns seguinte, tamén no primeiro recreo. O seguinte alumno da lista recolleráa no segundo recreo. Cada semana aparcerá un listado na páxina web cos nomes dos alumnos ós que lle corresponda levar a mochila. Iso si, HAI QUE COIDAR O MATERIAL,QUE SERÁ REVISADO E CADA ALUMNO/A DEBE COMPROMETERSE A COIDALO.

23/10/08

SEMPER ALIQUID NOVUM


As famosa pintadas ou carteis diante das casas galegas de COIDADO CO CAN non son unha prerrogativa de hoxe en día. Esta tradición ven da época romana que avisaban os latrones das villae que tivesen coidado cos cans. Neste mosaico aparecía a inscripción CAVE CANEM

22/10/08

ADIVIÑA: QUEN É ESTA PERSOA?

Para todos os blogueiros da biblioteca Pintor Colmeiro. Aquí tedes un novo desafío, tedes que adiviñar cal é o nome que corresponde a esta imaxe.

Podedes gañar importantes premios que recolleredes na biblioteca. Non vos esquezades de escribir o seu nome completo e a súa profesión.

Cada semana teredes unha pista. Velaí a primeira:

-É un gran viaxeiro, case un nómada.


Ánimo!



21/10/08

Cómics


Moitos de nos seguramente iniciamos a ler na nosa infancia a través do cómic, comezamos a interesarnos polo mundo das historias dos personaxes clásicos da banda deseñada como Tintín, Astérix, Spiderman, Charlie Brown...

Hoxe podemos reler as aventuras dos nosos heroes, coñecer outros novos e ter acceso a todos eles a través de Internet. Sergio Muñoz fai a seguinte selección :

. http://www.guiadelcomic.com/
. http://en.marveldatabase.com
. http://www.cortomaltese.com/
. http://www.willeisner.com
. http://www.salonmangabarcelona.com

Entre o 30 de outubro e o 2 de novembro vaise celebrar en Barcelona o Salón do Manga (cómic xaponés).

17/10/08

Los guardianes del libro



Esta obra recolle a historia da Haggadah de Sarajevo, un manuscrito hebreo cunhas ilustracións magníficas que era lido durante a cea de Pascua xudía. As Nacións Unidas piden axuda a Hanna Heath, experta en manuscritos medievais e deste xeito a investigadora analiza a fondo a Haggadah e a súa historia, sen saber que, ó mesmo tempo, irá repasando a súa vida e atopando respostas a preguntas que se lle plantexan nalgúns momentos como a existencia do seu pai, a relación coa súa nai...
A análise do libro permite situalo en diferentes cidades ó longo do tempo ( Venecia, Tarragona, Sevilla, Viena...) e o relato vai combinando pasado e presente.
Gústame a dedicatoria do libro e paréceme interesante a reconstrucción da súa historia.
  • Los guardianes del libro de Geraldine Brooks.
  • Editorial RBA, 394 páxinas.

14/10/08

O can dos Baskerville

Alberto Domínguez, lector do mes de setembro, de 2º ESO B recoméndavos este libro.

Os recomiendo esta obra de Arthur Conan Doyle porque además de ser de Sherlock Holmes, tiene mucha emoción y misterio. Siempre parece que no va a encontrar al culpable pero siempre encuentra alguna pista que hace que el culpable salga a la luz.

Yo os aconsejo leer todos los libros que queráis pero leer con ganas porque si leéis sin ganas es como leer un libro sin letras. Leer entretiene pero hay que hacerlo sin que os manden, por vosotros mismos.


Balzac e a xove costureira china de Dai Sijie

Marisa Díaz fainos esta suxerencia:

Se tedes o carné da biblioteca xa podedes ler relatos fantásticos coma o deste libro autobiográfico. Dous adolescentes chinos vense obrigados por unha orden política de Mao Zedong a deixar a cidade e internarse no Tibet para vivir como campesiños. O mundo para eles vólvese cru. Afastados das súas familias, malviven nesta aldea perdida. Pero unha maleta de libros de literatura e o seu amor pola guapísima filla do sastre faranlle mais levadeiro o seu desterro.

Tamén dispoñedes na biblioteca da película co mesmo título.

  • Balzac y la joven costurera china.
  • Autor: Dai Sijie.
  • Editorial Planeta, 189 páxinas.

10/10/08

Biografía da fame de Amélie Nothomb

Marisa Díaz, profesora de francés, membro do equipo da biblioteca e gran lectora, recomenda este libro.

Aínda que o título non é moi atractivo, recoméndovos este libro xa que podedes compartir coa escritora , que fala de forma autobiográfica da su infancia e xuventude, a mesma insatisfacción ante a vida, a súa fame de coñecementos pero tende coidado e rexeitade esa visión da fame física que a levou á anorexia. Tamén é interesante a contraposición que fai entre a cultura nipona , que ela coñece moi ben, e a americana.


7/10/08

Carnés da biblioteca


A partir de mañá, mércores, e ó longo de varios días, empezaranse a repartir os carnés lectores na biblioteca a todos os alumnos do centro. Hai que dicir que todo o alumnado deberá ter entregado o material pendente (impreso ou audiovisual) antes de levar a cabo a entrega dos carnés e que estes non serán entregados ós alumnos que teñan préstamos pendentes ( ben sexa nas bibliotecas de aula ou na do centro). Por outra banda, os carnés dos alumnos que acaban de incorporarse no presente curso tardarán uns días máis.

5/10/08

Mes da biblioteca escolar


O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Ó igual que o curso pasado, o noso centro levará a cabo unha serie de actividades para tratar de achegar a biblioteca a toda a comunidade educativa , para facernos máis visibles e, sobre todo, para concienciarnos da importancia da lectura agora e no futuro. Porque un bo termómetro para medir a vida dun centro educativo é a súa biblioteca (os seus fondos documentais, o equipo que está detrás, as iniciativas que se emprenden...) o seu bo funcionamento, en definitiva, que depende de todos nos, non hai que esquecelo.

Estes días iniciais do curso xa estamos comezando a perfilar algunha idea para levar á práctica ó longo deste mes:

  • O incremento de fondos nas bibliotecas de aula.
  • A adquisición de novidades para a biblioteca.
  • Os carnés lectores, que estarán dispoñibles a partir do mércores .
  • As mochilas viaxeiras, que comezarán a funcionar nestes días ...

Iremos anunciando no blog cada unha das actividades e poñendo carteis para que todo o mundo estea informado e poida participar.

LinkWithin