10/8/08

Las Damas de Oriente

Este é un libro que tiña pendente dende hai bastante tempo e que me sorprendeu. Non imaxinaba que me ía atrapar como o fixo, do mesmo xeito que os países árabes fascinaron ás protagonistas destas historias. Inluenciadas pola lectura de "As mil e unha noites" , estas aristócratas británicas, decidiron dar un xiro nas súas vidas e coñecer un mundo totalmente diferente ó seu que lles ofrecía aventura, exotismo ... e estaba no polo oposto do que se supoñía debía presidir a súa existencia: ser presentadas en sociedade, aprender determinadas tareas, casar e vivir discretamente nun mundo de homes.

Cristina Morató documentouse exhaustivamente ó longo de dous anos e reconstruiu as vidas destas mulleres valentes que, ademais de cambiar a súa cómoda existencia por outra moi distinta , levaron a cabo importantes aportacións políticas, arqueolóxicas,...e non sempre tiveron o recoñecemento que debían.

Lady Mary Wortley Montagu ofreceunos descripcións minuciosas nos seus escritos e coñeceu a vida nos haréns en Estambul. Fixo tamén aportacións ó mundo da mediciña co sistema da inoculación contra a viruela, que entón causaba estragos entre a poboación.


Lady Hester Stanhope foi a primeira europea que chegou á cidade romana de Palmira. Valente e independente, estableceuse en Djoun, un convento nas montañas do Líbano.

Lady Jane Digby , políglota, casou cun beduino e estivo influenciada pola lectura de Eothen de A. William Kinglake.


Gertrude Bell aparece nunha fotografía tomada en 1921 entre W. Churchill e T.E. Lawrence ( Lawrence de Arabia) que reuniu ós maiores expertos do Imperio Británico. John Dos Passos comentou o seguinte sobre ela :"Tenía un increíble dominio de las lenguas de Oriente Próximo. Conocía todos los dialectos. Sabía al dedillo las historias tribales y familiares de los beduinos. Viéndola, no era difícil creer lo que nos habían contado de cómo llegaba en su avión a los campamentos árabes rebeldes y les soltaba tales rapapolvos en su propio dialecto que inmediatamente recogían sus tiendas y desaparecían" (páx. 236-237). Foi nomeada Secretaria para Oriente.
Tamén aparecen no libro Lady Isabel Burton, influenciada pola lectura de Tancredo de Disraeli, Freya Stark, que falaba nove idiomas e defendíase en turco, persa e kurdo, foi "la poeta del viaje", en palabras de Disraeli e Agatha Christie, que ademais da súa gran importancia na literatura policiaca, pasou longos períodos de tempo axudando ó seu marido, o arqueólogo Max Mallowan, nas excavacións que este realizou en diferentes países árabes.
  • Las Damas de Oriente (Grandes viajeras por los países árabes).
  • Autora: Cristina Morató.
  • Editorial de Bolsillo, 426 páginas.

2 comentarios:

olga dijo...

Foi unha das miñas lecturas deste vran. Levaba máis dun ano esperando que lle chegara o seu momento. E cando lle chegou...defraudoume.
Nunca o recomendaría para facer lectores. A min aburreume.
O máis interesante: a información que aporta sobre Agatha Christie, a quen por certo, fai aparecer coma un apéndice do seu marido.
Saúdos, olga

Ana dijo...

Ás veces os libros defraudan, por varios motivos. A min gustoume, pero iso non quere dicir que lle vaia gustar a todo o mundo. Agradécese a sinceridade,Olga. E máis, é bo o intercambio de opinións.
Saúdos.

LinkWithin