20/6/08

Last orders


Varios amigos reúnense nun pub para cumplir as derradeiras vontades de Jack (Michael Caine). As súas cinzas deben ir parar ó mar dende a ponte de Margate.
Vince, o seu fillo, leva no seu coche a Ray, Lenny e Vic, os mellores amigos do seu pai e xuntos emprenden o camiño.
A película trata de dar resposta a moitas preguntas que se plantexan: o lugar elixido, a venda da carnicería de Jack, a negativa de Amy, a súa muller, a participar nesta viaxe... A historia, pouco a pouco, vai reconstruíndose por medio de flashbacks que deixan saír á luz moitos aspectos que estaban ocultos: o rexeitamento mostrado por Jack a súa filla, June, que só é visitada pola súa nai durante décadas, a relación entre Ray e Amy, a conciencia de perdedor de Lenny... E, no tempo da viaxe, as pezas van recompoñéndose e, cada un vai lembrando os bos e os malos momentos vividos tratando de asumilos para poder seguir levando a súa vida.
.Título:Last orders (Fred Schepisi,2001)

No hay comentarios:

LinkWithin