8/3/08

Carmen Martín Gaite II

Foi a primeira muller a quen se lle concedeu o Premio Nacional de Literatura con O cuarto de atrás (1978), e tamén gañou en 1994 o Premio Nacional das Letras polo conxunto da súa obra. Obtivo o Príncipe de Asturias no ano 1988, compartido con José Ángel Valente. No ano 1999 nunha cerimonia retransmitida por videoconferencia a través de Internet, algo sen precedentes ata entón, recibiu a Pluma de Prata do Círculo da Escritura.

Co seu ensaio Usos amorosos da posguerra española obtivo en 1987 o Premio Anagrama de ensaio e o Libro de Ouro dos libreiros españoles. Dende ese momento a obra dispara as súas ventas e convírtese nunha autora fundamental nan Feira do Libro de Madrid onde cada ano a súa obra era a máis vendida.

Cultivou tamén a crítica literaria e a traducción (Flaubert, Rilke...) e colaborou en guións para series de TV como Santa Teresa de Jesús e Celia, baseada nos famosos contos da escritora madrileña Elena Fortún.

Publicou dous enormes éxitos de crítica e público, O raro é vivir (1997) e Irse de casa (1999).
Morreu no ano 2000 e foi soterrada en El Boalo, onde residiu os seus últimos anos.

Nubosidad variable é o título escollido por Cálamo , na que será a súa terceira reunión.
Na obra relátase a historia de dúas amigas, Sofía e Mariana, moi distintas entre sí e unidas por unha relación de amistade dende hai moitos anos. Por circunstancias da vida, volven coincidir despois de moito tempo e retoman o contacto. Este feito serve para que ambas reflexionen e poñan en orde as súas vidas.
Nas páxinas do libro podemos ler frases como as seguintes: "El alma humana se parece a las nubes. No hay quien la coja quieta en la misma postura"; " Hay amores de novela y amores para casarse"; "A nadie se le deja de querer por sus defectos, sino porque descubres que no te interesa interpretarlos ni comprenderlos"...

No hay comentarios:

LinkWithin