31/3/08

Nubosidad variable

O club de lectura "Cálamo" lémbravos que a súa próxima reunión celebrarase o vindeiro venres, día 4 de abril ás 4 da tarde, na biblioteca.
Ó longo da mesma trataremos tamén de elixir entre todos a próxima lectura do club.

30/3/08

William Shakespeare



O 23 de abril de 1616 faleceron dous escritores fundamentais no mundo das Letras: William Shakespeare e Miguel de Cervantes. Por este motivo nesta data celébrase o Día do Libro.

Como todos os anos, a Biblioteca organizará diversas actividades para lembrar a importancia da lectura nas nosas vidas e dedicará moitas delas ó longo do mes de abril á figura de Shakespeare, que será o escritor do mes. Así, achegáremonos ás súas obras, personaxes máis coñecidos, aspectos biográficos...
É importante que todos colaboremos nesta tarea participando nas actividades que se organicen e lendo, ou relendo, as súas obras ( "Hamlet", "Romeo e Xulieta", "Macbeth", "O rei Lear", "O mercader de Venecia"...)

Roald Dahl

dahl.jpgNo mes de marzo lemos no Club de Lectura "Fahrenheit 451" o libro de Roald Dahl Charlie e a fábrica de chocolate. Roald Dahl é un dos escritores británicos de libros para nenos máis populares pero no só escribiu para nenos, é tamén un autor moi admirado entre o público adulto. A súa vida foi bastante peculiar. Naceu en Gales en 1916. Os seus pais eran noruegueses e sempre estivo moi unido a ese país. De feito, a súa primeira lingua foi o noruegués.

De moi novo morreulle o seu pai pero a súa nai non volveu con el para Noruega senón que quedaron en Gran Bretaña para que puidese recibir unha educación británica tal e como quería o seu pai. Roald estivo en varios colexios ingleses onde lle aprenderon o que era a verdadeira “disciplina inglesa”. A súa nai preocupábase moito porque ás veces era demasiado duro. Pero tamén fixo moitos amigos e viviu anécdotas moi divertidas.

Logo de deixar a escola, entrou a traballar para a Shell, unha compañía petrolífera. Nuns anos mandárono destinado a Tanzania, onde traballou bastante tempo, o que lle deu ocasión de coñecer ese territorio e aprender unha lingua máis: o suahili. Alí colleuno o estoupido da Segunda Guerra Mundial (1939). Dahl quixo participar coma piloto no exército do aire británico (RAF). Case non o collen porque era demasiado alto (1'96 m.) Pasou parte da guerra pilotando cazas contra os italianos no deserto de Libia. Tivo un accidente bastante grave que case o deixa cego pero rematou a guerra como oficial de alto rango. Todas estas aventuras cóntaas no libro: Voando só.

Cando rematou a guerra foi enviado como oficial aos Estados Unidos. Alí coñeceu a súa muller, Patricia Neal, unha actriz americana. Casaron e tiveron cinco fillos. Traxicamente unha filla morreu de sarampelo e outro fillo sufriu unha grave enfermidade. Nos anos 60 volveron dos Estados Unidos a Inglaterra e establecéronse nunha casiña no campo. Roald tiña outra pequena casiña no xardín onde se metía a escribir. Alí foi onde creou moitos dos seus mellores libros.

Ademais de libros, Roald participou na escrita de varios guións cinematográficos coma por exemplo a película de James Bond Só se vive dúas veces e as adaptacións ao cine das súas propias obras.

Unha das cousas que fai os libros de Roald Dahl únicos é o uso do humor negro e da violencia. Dahl sabe sacar un sorriso de situacións que en principio poderían parecer tráxicas. Poderías atopar algún exemplo de humor negro e violencia no libro de Charlie e a fábrica de chocolate?

Outra das características dos libros de Dahl é que sempre nos presenta a historia dende o punto de vista dun neno, pero non por iso pasa a ser unha visión infantil ou parva.

27/3/08

Día Mundial do Teatro

Hoxe celébrase o Día Mundial do Teatro. Esta festividade foi creada no ano 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (ITI) coa finalidade de promover e dar a coñecer o teatro a nivel mundial.

Cada ano, unha celebridade no mundo teatral lerá unha Mensaxe Internacional, redactada. Neste caso será Robert Lepage, dramaturgo canadiense.

Este ano 2008 coincide tamén coa celebración dos 31 anos do Festival de Teatro Clásico de Almagro.

Suso de Toro tamén difundirá un manifesto galego, lembrando o XXX aniversario do Teatro profesional en Galicia. Esta mensaxe lerase mañá na gala da XII edición dos Premios María Casares nos que se entregarán os galardóns ós gañadores das 13 modalidades, así como o Premio de Honor que este ano recae en Rubén García, promotor da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Este acto, que se celebrará no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, será retransmitido pola TVG.

A continuación tedes algunhas das obras teatrais que se representarán na nosa Comunidade Autónoma nas vindeiras datas:

. 28 de marzo: No Teatro Principal de Pontevedra, ás 21:oo h. podemos asistir a "Imaxinarium plus" (Conmemoración do 15º aniversario).

. 29/30 de marzo: No Salón Teatro de Santiago o CDG levará á escea "Valdemuller", baseada na obra de X. Antonio Neira Cruz.

. 29/30 de marzo: No Auditorio de Galicia o CCG representará " Kiosco das almas perdidas".

. 14 de abril: En Narón representarase "Mandíbula afilada", protagonizada por Carlos Chamorro e Melani Olivares.

. 16 de abril: No Pazo de cultura de Pontevedra , ás 21:00 h. represéntase "Pagagnini".

. 21 de abril: O CDG , no Auditorio de Narón, representa "Tarará Chis Pum", dirixida ó público infantil.

23/3/08

A Historieta galega


Co título de "A Historieta Galega. 1978-2008", podemos ver unha exposición no Auditorio de Galicia, ata o día 8 de xuño, na que se presenta un percorrido histórico pola banda deseñada galega dende a década dos 70 ata a época actual. Os autores do Grupo Castro terán un apartado especial.Está organizada pola Consellería de Cultura, a Consellería de Cultura da Xunta e patrocinada pola Dirección Xeral de Xuventude e a Fundación Feima.

Tamén haberá clases maxistrais nas que participarán Miguelanxo Prado, Carlos Portela, Antonio Vázquez e Carlos Jiménez, e actividades para os máis pequenos dirixidas por Jacobo Fernández, Fran Bueno e Norberto Fernández.

O día 6 de xuño Xaquín Marín recibirá unha homenaxe especial en recoñecemento á súa traxectoria.

22/3/08

Novidades na Biblioteca

Nesta obra recóllense dez historias nas que o amor é o tema fundamental. Os protagonistas son homes e mulleres que, nun momento determinado da súa vida, experimentan este sentimento e lémbrano dándolle a importancia que merece. É o caso de Elvira en " Despois de tantos anos", ó saber da morte de Adrián , cando comenta : "...o home co que quizais o destino me ofrecía a fortuna de emprender unha vida máis feliz".

Son tamén moitas as referencias literarias que aparecen no libro ( J. Ángel Valente, P. Neruda, Xesús R. Valcárcel...), encabezando cada un dos relatos e formando parte deles dun xeito importante. En " Un radiante silencio" a literatura é fundamental nas vidas de Sara e Pablo.


  • O único que queda é o amor
  • Autor: Agustín Fernández Paz
  • Ed. Xerais, 175 páxinas.

Son varios os relatos que se contan nunha noite de treboada, propicia ás historias de misterio. Así nunha baiuca costeira, o Risón, o protagonista lembra ,corenta anos despois, ós personaxes que alí se xuntaron ( o mariño lanzal, a moza esbrancuxada...) e as narracións que contaron. Os capítulos están encadeados, de tal xeito que o final de cada un xa é o principio do seguinte.

  • A noite d'O Risón
  • Autor: Gonzalo Moure
  • Ed. Xerais, 96 páxinas

En Garmendia del Viento transcurre la historia de amor de Fiamma dei Fiori y Martín Amador. Ella es una psicóloga reconocida que atiende mayoritariamente en su consulta a mujeres con problemas amorosos. De una manera casual, conoce a Estrella, con quien entabla una relación de amistad y profesional, aunque acabará convirtiéndose en su rival.

La obra trata del amor y del desamor y está llena de magia y simbología, desde el nombre de los protagonistas hasta el de las calles ( calle de las Angustias, ...) o el de las pacientes de Fiamma (Sherlay Holmes , Gertrudis Añoso...), con su correspondiente contrapunto humorístico en una historia bella y dura, llena de lirismo.

  • De los amores negados.
  • Autora: Ángela Becerra.
  • Ed. Planeta, 407 páginas.

21/3/08

A importancia da auga

Este ano celébrase a Expo Zaragoza 2008 que terá por obxecto a auga como elemento imprescindible para a vida, e como obxectivo e finalidade o desenrolo humano dende o compromiso ético de sostenibilidade.

Entre as súas claves temáticas destacan:
- O gran desafío da auga.
- A innovación para a sostenibilidade.
- Auga para a vida: novo paradigma biocéntrico.
- Auga recurso único: o desafío da gobernabilidade.
- A auga como dereito humano.
- Auga recurso compartido: a cuenca hidrográfica como unidade de xestión/ a corresponsabilidade dos axentes implicados.
- Auga fonte de creatividade e cooperación.
- Punto de encontro: intercambio, comunicación e festa.

A biblioteca lémbravos que hai moitas obras nos seus andeis que están relacionadas con este tema fundamental. De entre elas destacamos as seguintes:

- La isla soñada de Fernando Martínez Gil.
- Blanca oscuridad de Geraldine McCaughrean.
- Los senderos del tigre de Juan Madrid.
- La sima del diablo de Heinz Delam.
- Boy (relatos de infancia) de Roald Dahl.
- Cuentos de un invierno de Manuel Rivas.
- Vida de Alejandro, por Bucéfalo de Eloy M. Cebrián.
- A expedición do Pacífico de Marilar Aleixandre.
- O corsario negro de Emilio Salgari.
- Si o vello Simbad volvese ás illas de Álvaro Cunqueiro.
- Tódolos portos se chaman Helena de Joan Baril.
- A liña de sombra de Joseph Conrad.
- O cemiterio mariño de Paul Valéry.
- Mar, que evita o meu regreso de F.R. Lavandeira.
- Ismael, que foi mariñeiro de Juan Farias.
- A perla de John Steinbeck.
- El corazón de las tinieblas de Joseph Conrad.
- Meu avó, o pirata de Ignacio Sanz.
- Tom Sawyer de Mark Twain.
- Veinte mil leguas de viaje submarino de Julio Verne.
- Robinson Crusoe de Daniel Defoe.
- Los cinco junto al mar de Enid Blyton.
- Viaje al centro de la tierra de Julio Verne.
- Noches en la isla de Robert Louis Stevenson.
- La isla del tesoro de Robert Louis Stevenson.
- Libro de las maravillas de Marco Polo.
- Los viajes de Gulliver de Jonathan Swift, ...

18/3/08

Espazos para a lectura

Este é o título que preside o último número de Fadamorgana : Espazos para a lectura. Ó longo da revista aparecen reflexadas interesantes opinións de persoas vinculadas ó mundo da literatura (escritores, bibliotecarios...) e que aportan experiencias e comentarios relativos ó fomento da lectura nos centros educativos. De entre eles, gustariame destacar dous artigos: "Próxima estación:esperanza. A lectura na educación secundaria" de Agustín Fernández Paz e "Como dinamizar a biblioteca escolar" de Beatriz Osés. No primeiro deles podemos ler :" A educación da mocidade do século XXI pasa, de xeito inevitable, pola lectura. Se a consideramos unha urxente necesidade pública e privada, se estamos convencidos de que "a defensa e a promoción da lectura son básicas para o enriquecemento persoal da cidadanía e para o fortalecemento dunha sociedade libre que exerza con plenitude os seus dereitos civís e democráticos" (tal e como aparece no Preámbulo da Lei 17/ 2006, de 27 de decembro, de libro e da lectura de Galicia ), entón non podemos esquecer a transcendencia que ten o noso traballo cos libros na aula, que pode parecernos cativo, mais que sempre é esencial".
Polo que se refire ó segundo artigo mencionado e, despois de falar dos recursos materiais e humanos, da participación da comunidade educativa..., lemos o seguinte, na parte final : " Anímase a ler lendo, deixando ler, propiciando espazos para a lectura silenciosa na clase, para a lectura colectiva, para iniciar novelas, para ser un personaxe, para recitar un poema, para comentar un artigo xornalístico, para consultar unha enciclopedia, para permitir que convivan as lecturas obrigatorias coas voluntarias abrindo un tempo para o libro. Anímase a ler entendendo que cada lector é único e que debe ter liberdade para elixir a súa memoria lectora, sen que por iso deixemos de orientar sobre lecturas de calidade literaria".
  • FADAMORGANA. REVISTA GALEGA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL.
  • NÚM.12 INVERNO 07/08.
  • Director: Xosé A. Neira Cruz.
  • revista.fadamorgana@yahoo.es

11/3/08

Novidades na Biblioteca

Ésta es la séptima y última entrega de las aventuras de Harry Potter. El protagonista está a punto de terminar sus estudios de magia en Hogwarts y de perder la protección de la que había disfrutado hasta ese momento.

Tras la muerte de Dumbledore, y a punto de cumplir diecisiete años, Harry debe enfrentarse a su destino : el encuentro final con Voldemort. Antes de que eso suceda, es necesario destruir los horrocruxes, poner a salvo a sus familiares, dejarse ayudar por sus amigos, responder a muchos interrogantes y, sobre todo, enfrentarse a sí mismo.


Harry Potter y las reliquias de la muerte.
Autora: J.K.Rowling.
Editorial: Salamandra.
636 páginas.


Os científicos non son quen de explicar un fenómeno que se repite nalgunhas zonas do planeta : centos de delfíns amoréanse formando círculos e quedan quietos nos océanos. Ninguén ten unha teoría para este fenómeno . Sen embargo, Michael Junk, un matemático en excedencia "por particularidades mentais" e Jonathan, un rapaz que ten dificultades para relacionarse cos demais , conseguen escoitar ós delfíns e comunicarse con eles.


Rafael, o pai de Jonathan, comenta ó final do libro : " A vida consiste niso. No fundamental , consiste niso. En ir acompañando da man aos que queremos. Sen facernos preguntas.

Porque hai asuntos que non teñen resposta".

O ceo dos afogados.
Autor: Francisco Castro.
Editorial: Xerais.
182 páxinas.

Nesta obra cóntase a historia de Rosa e Chicho que deciden instalarse en Ferreira tras a morte da súa filla Celeste. Constrúen a súa casa , que van ampliando a medida que vai crecendo a familia, e pouco a pouco van poboando un espazo e un tempo cambiante, cos aspectos positivos e negativos que conlevan os anos.

  • A casa dos Lucarios.
  • Autora: Teresa Moure.
  • Editorial : Xerais.
  • 94 páxinas.

8/3/08

Carmen Martín Gaite II

Foi a primeira muller a quen se lle concedeu o Premio Nacional de Literatura con O cuarto de atrás (1978), e tamén gañou en 1994 o Premio Nacional das Letras polo conxunto da súa obra. Obtivo o Príncipe de Asturias no ano 1988, compartido con José Ángel Valente. No ano 1999 nunha cerimonia retransmitida por videoconferencia a través de Internet, algo sen precedentes ata entón, recibiu a Pluma de Prata do Círculo da Escritura.

Co seu ensaio Usos amorosos da posguerra española obtivo en 1987 o Premio Anagrama de ensaio e o Libro de Ouro dos libreiros españoles. Dende ese momento a obra dispara as súas ventas e convírtese nunha autora fundamental nan Feira do Libro de Madrid onde cada ano a súa obra era a máis vendida.

Cultivou tamén a crítica literaria e a traducción (Flaubert, Rilke...) e colaborou en guións para series de TV como Santa Teresa de Jesús e Celia, baseada nos famosos contos da escritora madrileña Elena Fortún.

Publicou dous enormes éxitos de crítica e público, O raro é vivir (1997) e Irse de casa (1999).
Morreu no ano 2000 e foi soterrada en El Boalo, onde residiu os seus últimos anos.

Nubosidad variable é o título escollido por Cálamo , na que será a súa terceira reunión.
Na obra relátase a historia de dúas amigas, Sofía e Mariana, moi distintas entre sí e unidas por unha relación de amistade dende hai moitos anos. Por circunstancias da vida, volven coincidir despois de moito tempo e retoman o contacto. Este feito serve para que ambas reflexionen e poñan en orde as súas vidas.
Nas páxinas do libro podemos ler frases como as seguintes: "El alma humana se parece a las nubes. No hay quien la coja quieta en la misma postura"; " Hay amores de novela y amores para casarse"; "A nadie se le deja de querer por sus defectos, sino porque descubres que no te interesa interpretarlos ni comprenderlos"...

Día da muller traballadora

Unha das moitas recomendacións que poderían facerse nunha data como a de hoxe,
podería ser este libro de Rosa Montero, publicado no ano 1995. Nel aparecen reflexadas, entre outras, as vidas de Agatha Christie , Mary Wollstonecraft, Zenobia Camprubí, Simone de Beauvoir, Lady Ottoline Morrell, Alma Mahler, María Lejárraga, Laura Riding, George Sand, Isabelle Eberhardt, Frida Kahlo, ...

A autora comenta o seguinte na contraportada: "Este libro reúne, en una versión más ampliada, las biografías de mujeres que publiqué hace unos meses en el suplemento dominical de El País.No sé bien dónde encuadrar estos trabajos: aunque están muy documentados, no son ni biografías académicas ni artículos periodísticos, sino unos textos muy apasionados, muy personales. Son historias de mujeres singulares a las que intenté entender. Las hay generosas y las hay malvadas, cobardes o valientes, turbulentas o tímidas; todas son, eso sí, muy originales, y algunas resultan pasmosas por lo extraordinario de sus peripecias. Pero creo que, por muy raras que parezcan, siempre podemos reconocernos en ellas. Y es que cada uno de nosotros encierra dentro de sí todas las vidas".

  • Historias de mujeres
  • Autora: Rosa Montero
  • Editorial: Alfaguara
  • Páginas: 241

4/3/08

Carmen Martín Gaite I

Carmen Martín Gaite (Salamanca,1925-Madrid,2000) licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca onde tamén entrou en contacto co mundo do teatro. Colaborou en varias revistas ("Traballos e días", "Revista Nova"...)

No ano 1950 trasladouse a Madrid onde se doutorou coa tese "Usos amorosos do XVIII en España". Foi Ignacio Aldecoa o que a introduciu no seu círculo literario ó que pertencían Josefina Rodríguez, A. Sastre e Rafael Sánchez Ferlosio, co que casaría en 1954. Así, inclúese na chamada Xeración do 55 ou a Xeración da Posguerra.

Gañou o premio literarion Café Xixón en 1955 con O balneario e o Nadal no 1958 con Entre visillos, unha das súas obras máis coñecidas.

Tamén escribiu teatro: A pau seco (1957) e A irmá pequena (1959).

Nos anos sesenta publicou a novela Ritmo lento, pero foi sobre todo nos anos setenta cando apreciamos a súa versatilidade. Publica dous ensaios sobre o proceso de Macanaz, recopila a súa poesía en A rachas (1976) e aparece unha das súas obras cumbre Retahílas (1974). Tamén publicou os seus Contos completos nesta década. Foi redactora nos comezos de Diario 16.
Tras varios anos de convivencia separouse do seu marido, con quen tivo unha filla que morrería antes ca ela.

1/3/08

La ladrona de libros de Markus Zusak

Este libro conta a historia de Liesel Meminger, una rapaza de nove anos que vive en Alemaña na época da Segunda Guerra Mundial e trata de saír adiante nun momento histórico marcado pola figura de Hitler e o nazismo.

A súa historia comeza coa morte do seu irmán e a despedida da súa nai biolóxica. Liesel chegará ó seu novo fogar cunha familia adoptiva que marcará o seu destino. Hans, o seu pai, será un apoio fundamental, un home tenro e valente que loita por defender a dignidade nun mundo marcado pola intransixencia ideolóxica e a violencia. Rosa, a súa nai adoptiva, dura en apariencia, defenderáa e saberá estar á altura das circunstancias.

Nun momento determinado da historia, acollerán no soto da súa casa a Max, un xudeu ó que agocharán durante moito tempo e co que manterán unha relación especial.

Liesel, a quen seu pai ensina a ler, crea un mundo paralelo á realidade e é quen de sobrepoñerse a unhas circunstancias marcadas polo autoritarismo, o odio ós xudeus, o sufrimento e a soidade . A morte é a encargada de contar a historia.


La ladrona de libros.
Autor: Markus Zusak.
Editorial: Lumen.
539 páginas.

LinkWithin