9/2/08

Los crímenes de Oxford



Cálamo escolleu Los crímenes de Oxford de Guillermo Martínez, como a súa segunda cita coa narrativa contemporánea.

O autor desta obra naceu en Bahía Blanca en 1962 e en 1985 trasladouse a Bos Aires onde se doutorou en Ciencias Matemáticas. Ademais desta obra, publicou Infierno Grande , en 1989, que obtivo o Premio do Fondo Nacional das Artes de Arxentina. Tamén escribiu as novelas Acerca de Roderer, La mujer del maestro e o libro de ensaios Borges y la matemática (2003).

Nesta obra, un xoven matemático de nacionalidade arxentina trasládase a Oxford cunha beca. Alí entra en contacto con Arthur Seldom, toda unha autoridade no campo da Lóxica, e vese envolto nunha serie de asasinatos que decide investigar, paralelamente ó traballo que leva a cabo a policía. Cando todo parece que está resolto, o final dá un xiro inesperado e atopa a verdadeira solución.

Nas páxinas do libro atopamos moitas referencias matemáticas, filosóficas, literarias...Dende Euclides, Aristóteles, os pitagóricos...ata Wittgenstein, Buzzatti ou T.S.Elliot.

Lembramos a todos os membros do club que a próxima cita será o martes, 19 de febreiro, ás catro da tarde, na biblioteca.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Es un libro que engancha desde el principio. No puedes parar de leerlo.

LinkWithin