27/2/08

Fenris, el elfo de Laura Gallego García.

Alberto Domínguez Sánchez de 1ºC recomienda este libro.


Me gusta este libro porque tiene mucho misterio y emoción. También por las palabras que usa la autora. Algunos capítulos parecen interminables pero son divertidos.

Cuando empiezas a leer el libro, las horas pasan como si fueran segundos y estás deseando llegar al final del capítulo para saber lo que pasa.

Le doy las gracias a la autora por escribir estos libros y espero que a todos los que los lean les gusten tanto como a mí.

Todos los libros de las Crónicas de la Torre son muy emocionantes.



Crónicas de la Torre IV.
Autora:Laura Gallego García
Fenris,el elfo.
Editorial : SM
Páginas: 318.

26/2/08

Wilt, de Tom Sharpe

A profesora Marisa Díaz recomenda este libro


Se queredes pasar un rato entretido, cun sorriso e ata de vez en cando soltar unha gargallada , non o dubidedes, mergulládevos no alucinante mundo do señor e da señora Wilt. A medida que avanza o relato, as situacións máis normais tórnanse en delirantes escenas nas que, sorprendentemente, nos podemos ver envoltos calquera de nós.
O señor Wilt que é un profesor de literatura inglesa nun colexio de formación profesional intentará sacarlle partido aos seus alumnos de carnicería, de albanelería aprendendo deles. Isto serviralle para salir de situacións embarazosas como a do inspector de policía que o considera o asasino da súa muller, a señora Wilt.
Aínda que ten sobradas razóns para que se lle ocurrise matala. O único que fai é soterrar baixo un pilar da escola unha boneca hinchable. Este feito que coincide coa desaparición momentánea da señora Wilt, leva o inspector e os seus compañeiros de traballo a sospeitar del.
Mentres tanto a sua muller, moi dada as experiencias novas, goza dunhas clases de liberación sexual cuns amigos americanos que coñeceu. Esta aventura acaba mal e atópase espida diante dun vicario.
Ao final, esta comedia de enredo ten un final feliz grazas á cordura e ao tino de Wilt.

19/2/08

Poemas de San Valentín


Xa temos o resultado do concurso dos Poemas de San Valentín . Antes de coñecer ós tres primeiros clasificados, queremos agradecer a todos a participación na actividade e a boa acollida da iniciativa .


E, agora sí, aquí tedes o resultado :

- Primeiro clasificado : "Te quiero" de Luis Cernuda ( 26 votos).

- Segundo clasificado: "Lela" de Castelao ( 20 votos).

- Terceiro clasificado : " Amor apresurado" de Fernando Añón Paz (18 votos) / "Sé tú mi límite" de José Ángel Valente (18 votos).


Temos que mencionar que , aínda que fóra de concurso, o poema co título de "A cereixeira", tamén foi do agrado dos lectores.

Reproducimos a continuación o poema gañador .


TE QUIERO


Te quiero.

Te lo he dicho con el viento,
jugueteando tal un animalillo en la arena
o iracundo como órgano tempestuoso;

te lo he dicho con el sol,
que dora desnudos cuerpos juveniles
y sonríe con todas las cosas inocentes;

te lo he dicho con las nubes,
frentes melancólicas que sostienen el cielo,
tristezas fugitivas;

te lo he dicho con las plantas,
leves caricias transparentes
que se cubren de rubor repentino;

te lo he dicho con el agua,
vida luminosa que vela un fondo de sombra;

te lo he dicho con el miedo,
te lo he dicho con la alegría,
con el hastío, con las terribles palabras.

Pero así no me basta;
más allá de la vida
quiero decírtelo con la muerte,
más allá del amor
quiero decírtelo con el olvido.

Luis Cernuda

16/2/08

Los crímenes de Oxford


Lembrámosvos que a próxima reunión de Cálamo será o mércores, 20 de febreiro, ás catro da tarde, e non o martes, día 19, tal e como constaba na convocatoria inicial.

La emperatriz de los etéreos


Vera Patricia Franco de 2º de ESO recomenda este libro.



La emperatriz de los etéreos é a última obra de Laura Gallego García. Trata de dous adolescentes, Bipa e Aer, que percorren un mundo conxelado. No libro o amor é un dos principais protagonistas. Bipa tarda bastante tempo en darse de conta do evidente: está namorada de Aer.


A autora ten unha especial capacidade para crear un mundo novo e non se lle escapa o mínimo detalle: aparecen todo tipo de lendas para explicar como se formou ese mundo, xurden países, continentes...Pero neste caso só existe ese mundo conxelado e abandoado. Non creades que vivían no xeo dun lago conxelado nin nun iglú, nada diso. Vivían nunhas covas subterráneas unidas entre sí. Ademais tiñan gando, hortas e todo o que podería atoparse fóra.


Invito a todos a ler o libro, e o resto das súas obras como Memorias de Idhún, Crónicas de la torre, Finis Mundi,...


La emperatriz de los etéreos.

Género: Novela.
Páginas: 312.
Editorial: Alfaguara.


14/2/08

Poemas de San Valentín


A biblioteca quere agradecervos a todos a vosa participación na actividade para elixir o mellor poema de amor de todos os tempos. A vindeira semana farase o escrutinio e publicaremos no blog o poema seleccionado.

9/2/08

Los crímenes de Oxford



Cálamo escolleu Los crímenes de Oxford de Guillermo Martínez, como a súa segunda cita coa narrativa contemporánea.

O autor desta obra naceu en Bahía Blanca en 1962 e en 1985 trasladouse a Bos Aires onde se doutorou en Ciencias Matemáticas. Ademais desta obra, publicou Infierno Grande , en 1989, que obtivo o Premio do Fondo Nacional das Artes de Arxentina. Tamén escribiu as novelas Acerca de Roderer, La mujer del maestro e o libro de ensaios Borges y la matemática (2003).

Nesta obra, un xoven matemático de nacionalidade arxentina trasládase a Oxford cunha beca. Alí entra en contacto con Arthur Seldom, toda unha autoridade no campo da Lóxica, e vese envolto nunha serie de asasinatos que decide investigar, paralelamente ó traballo que leva a cabo a policía. Cando todo parece que está resolto, o final dá un xiro inesperado e atopa a verdadeira solución.

Nas páxinas do libro atopamos moitas referencias matemáticas, filosóficas, literarias...Dende Euclides, Aristóteles, os pitagóricos...ata Wittgenstein, Buzzatti ou T.S.Elliot.

Lembramos a todos os membros do club que a próxima cita será o martes, 19 de febreiro, ás catro da tarde, na biblioteca.

Día de San Valentín


O día 14 de febreiro celébrase San Valentín e a biblioteca, ademais de lembrarvos esta data, quere celebrala cun pequeno concurso no noso centro. Trátase de elixir o mellor poema de amor de entre os moitos que se escribiron ó longo da historia da literatura. Non foi unha tarea doada escoller os mellores textos, e hai moitísimos máis que seguramente deberían figurar entre os seleccionados, pero cada un de nós decidiu quedarse con 5 poemas representativos de cada unha das distintas épocas.

Para participar no concurso tedes que ler previamente os textos que aparecen nos paneis da entrada do instituto. Hai poemas en castelán , en galego, en francés, en inglés, en portugués, en latín... Cada un pode elixir 5 e despois hai que introducir o voso voto nunha urna á entrada da biblioteca. Para facilitarvos a tarea, a bibliobici repartirá papeletas durante os recreos.O resultado final publicarase no blog.

8/2/08

Philip K. Dick

dick.jpgPhilip Kindred Dick (16 de decembro de 1928, Chicago, Illinois, Estados Unidos - 2 de marzo de 1982, Santa Ana, California, Estados Unidos), máis coñecido como Philip K. Dick, foi un prolífico escritor e novelista estadounidense de ciencia fición, que influíu notablemente en devandito xénero. Aclamado en vida por contemporáneos coma Robert A. Heinlein ou Stanislaw Lem, Dick obtivo pouco recoñecemento antes da súa morte. Tras esta, con todo, a adaptación ao cine de varias das súas novelas deulle a coñecer ao gran público. A súa obra é hoxe unha das máis populares da ciencia fición e Dick gañou o recoñecemento do público e o respecto da crítica.

Deixando ao carón o enfoque simplista e optimista do mundo frecuente na “idade dourada” da ciencia ficción, Dick explorou sistematicamente a natureza enigmática da realidade e a humanidade nas súas novelas, poboadas por xente traballadora corrente máis que por superhomes galácticos. Adiantándose ao subxénero cyberpunk, Dick situou a acción de varias das súas novelas no mundo anómico de California do Norte. A súa aclamada novela O home no castelo (1962, gañadora do Premio Hugo) é unha obra pioneira que mestura os xéneros da ciencia fición e a historia alternativa. Tamén escribíu unha enorme cantidade de historias curtas e obras menores que foron publicadas por revistas pulp.

As súas obras caracterízanse por unha sensación de constante erosión da realidade. A miúdo, os protagonistas descobren que os seus seres queridos (ou ata eles mesmos) son sen sabelo robots, alieníxenas, seres sobrenaturais, espías sometidos a lavados de cerebro, alucinacións, ou calquera combinación destes.

A novela que escollemos para este mes no Club de Lectura "Fahrenheit 451" é unha das máis populares deste autor: Soñan os androides con ovellas mecánicas?, que é a base da célebre película Blade Runner. Podes atopar máis información sobre este autor e a súa vida e obra na Wikipedia en galego, en castelán, en inglés ou na súa páxina oficial.

LinkWithin