18/1/08

Susan Eloise Hinton

susan-eloise-hinton.jpgPara o mes de xaneiro, no Club de Lectura "Fahrenheit 451" escollemos a novela de Susan Eloise Hinton, A Lei da rúa. S.E. Hinton naceu en Tulsa, no Estado de Oklahoma, no medio dos Estados Unidos. É unha das mellores escritoras de literatura xuvenil.

A Susan gustáballe moito ler cando estaba no instituto pero non había moitos libros interesantes para a xente nova, non existía a que agora chamamos “literatura xuvenil”. Por iso, cando tiña dezasete anos púxose a escribir o libro que lle gustaría ter lido, un libro que falase das cousas que pasaban ao seu redor, cunha linguaxe que fose a que usaban os seus amigos. Trátase de The Outsiders (Rebeldes), que foi un grande éxito.

Con todo, o seu nome aparecía normalmente coas iniciais S.E. Hinton para que os críticos non souberan que era unha rapaza. En 1975 publica Rumble Fish (A lei da rúa), que tivo o mesmo éxito ca Rebeldes. Ten unha temática semellante á de Rebeldes: os problemas aos que se enfrontan os mozos nun ambiente de precariedade socioeconómica, a delincuencia xuvenil, a cultura das bandas…

Tanto Rebeldes coma A Lei da rúa teñen como protagonistas a mozos adolescentes. A mocidade nos Estados Unidos dos anos 50 e 60 tiña moitos dos problemas que se pode ter hoxe en día pero non eran tema de interese literario. Pero pronto moitos escritores e guionistas decatáronse de que a temática xuvenil era o que atraía aos mozos ao cine. Así foi como moitos libros e películas comezaron a explotar esta temática.

No hay comentarios:

LinkWithin