2/1/08

Doris Lessing 2


A obra de Doris Lessing ten moito de autobiografía, inspirándose na súa experiencia africana, na súa infancia, nos seus desenganos sociais e políticos. Os temas plasmados nas súas novelas céntranse nos conflitos culturais, as flagrantes inxustizas da desigualdade racial, a contradición entre a consciencia individual e o ben común.
En 1956, coñecidas as súas críticas constantes e implacábeis, prohibíuselle a estancia en toda África do Sur e Rhodesia especialmente.
En 1962 publica a súa novela máis coñecida, "O caderno dourado", que a catapultou á fama converténdoa na icona das reivindicacións feministas.
En 1995, con 76 anos, regresou a Sudáfrica para visitar á súa filla e aos seus netos e dar a coñecer a súa autobiografía. Ironías da historia, foi acollida cos brazos abertos, cando os temas que ela tratara nas súas obras foran a causa da súa expulsión do país corenta anos atrás.
Autora de máis de corenta obras, e soada desde a aparición, en 1950, do seu primeiro libro "Vencida pola sabana" (Vaincue par la brousse), é considerada unha escritora comprometida coas ideas liberais, a pesar de que ela nunca quixo dar ningunha mensaxe política na súa obra.
Doris Lessing, moi ao seu pesar, foi a icona das causas marxistas, anticolonialistas, anti-segregacionistas e feministas.
En 2007 recibiu o Premio Nobel de Literatura pola súa «capacidade para transmitir a épica da experiencia feminina e narrar a división da civilización con escepticismo, paixón e forza visionaria»

No hay comentarios:

LinkWithin