31/1/08

Antroido con sorpresa


Nestes días de festa que temos por diante, a Biblioteca quere lembrarvos que sería unha boa ocasión para non perder os bos hábitos e procurarnos algunhas lecturas, CD´s, DVD´s ... e facer máis levadeiras estas datas, agora que podemos contar con algo de tempo libre.
Por certo, o venres, Diego e os alumnos do Ciclo de actividades, téñennos reservada unha pequena sorpresa. Aproveitamos a ocasión para agradecerlles o seu entusiasmo e convidarvos a todos a que participedes na súa proposta. Aí van unhas cantas pistas:
  • É bastante útil.
  • É ecolóxico.
  • Permítenos facer exercicio físico.
  • Achéganos a cultura.

O dito, ata o venres!

No hay comentarios:

LinkWithin