25/11/07

Robert Louis Stevenson


A lectura proposta polo Club de lectura "Fahrenheit 451" para o mes de decembro é O estraño caso do doutor Jekyll e o señor Hyde, unha pequena pero famosa novela dun escritor escocés chamado Robert Louis Stevenson. R.L. Stevenson é un escritor clásico, moi coñecido por ter escrito libros moi populares entre a xente nova, como por exemplo A illa do tesouro, A frecha negra, ou O señor de Ballantrae. A súa vida foi breve pero igual de emocionante cós seus libros. Naceu en Edinburgo no ano 1850 e morreu en Samoa e 1894. Si, morreu aos 44 anos, vítima dunha complicación da enfermidade que daquela era moi común: a tuberculose. Esta foi tamén a razón que o levou a deixar a súa fría e húmida cidade natal, Edinburgo, na busca dun clima máis beneficioso para os seus pulmóns. Así chegou despois de moitas viaxes ao Pacífico Sur e estableceuse en Samoa coa súa familia. Alí vivíu ata a súa morte. Os nativos de Samoa déronlle o alcume de Tusitala, que significa "o contacontos". Os libros de Stevenson están cheos de aventura, e os seus protagonistas son homes de acción que se enfrontan a situacións nas que a loita entre o ben e o mal está sempre presente.

No hay comentarios:

LinkWithin