12/6/07

Noite de voraces sombras

Karina González, de 4º de ESO recomenda este libro porque...
É un libro moi interesante, de feito creo que é un dos meus libros preferidos, xa que combina a intriga co amor, chegando ata á Illa de San Simón grazas a cartas que a protagonista topa.
Informános ademais sobre feitos reais que ocorreron na Guerra Civil e as pésimas condicións de vida dos presos
Noite de voraces sombras
Agustín Fernández Paz
Xerais

22 comentarios:

Anónimo dijo...

Noite de voraces sombras pareceume un libro moi interesante que trata temas que nos afectan a xoves da nosa idade,tales como o amor ou tamén o afán de exploración que temos nesta idade.Sen dúbida foime un libro moi informativo que llo recomendo a todo o mundo.

Anónimo dijo...

Son Miguel Troitiño e a min pareceume un libro moi interesante xa que trata de intriga é cousas referidas ó amor e comenta algo tamén sobre espiritos e a min mólanme esas cousas.

Anónimo dijo...

Gustoume porque conta a historia dunha rapaza que atopa unhas follas coa vida de seu tío na guerra civil,este estaba namorado dunha mestra pero estivo no cárcere durante moito tempo.Ao final,deixoulle un agasallo á protagonista,na illa de San Simón.

Anónimo dijo...

O libro Noite de Voraces Sombras pareceume un libro moi interesante xa que fala sobre sucesos da Guerra Civiil, e gustoume moito porque tamén narra unha historia de amor que sucedeu nesa mesma etapa.É un libro moi interesante.

Anónimo dijo...

Noite de voraces sombras é un libro que me gustou moito porque fala sobre feitos reais como a guerra civil, ademáis os sucesos ocorren aquí, en Galicia. Tamén me gustou moito porque durante o libro ocorren momentos de intriga, tensión...Tamén creo que é un libro axeitado para nós porque ten sucesos que a nós tamén nos pasan na nosa vida como as relacións amorosas, as cartas de amor, etc.

Anónimo dijo...

Pareceume un libro moi interesante. Incluso foi un dos libros que lin que máis me gustou. Fala do desamor por causa de que Moncho estaba preso na illa de San Simón e non puido pasar o resto da súa vida con Sara.

Anónimo dijo...

Este libro gustoume moito, porque fala de acontecementos moi interesantes,aportándonos información, como a Guerra Civil.
Tamén me gusta porque fala de temas como o amor, e trata temas fantásticos como o fantasma do tío Moncho.

Anónimo dijo...

Pareceume un libro interesnte, pero ao principio pensei que ía narrar a historia de amor entre Sara e Daniel non a historia do tío Moncho, pero ben, así e todo para parte da historia haber pasado xa hai tanto tempo foi interesante.

Anónimo dijo...

Este libro gustoume moito porque facía unha mestura da historia coa realidade na que vivimos xa que Sara vai de vacacións a Viveiro e na habitación do defunto tío Moncho atópase con varias cartas deste nas que se pode sentir o espanto daquela época de guerra. Outra parte que me gustou moito foi cando Sara decide ir coa súa nai á illa de San Simón na que o defunto tío Moncho gardou o obxecto máis preciado para el. En xeral gustoume moito e recoméndollo a todo o mundo porque é un libro que se le rapidamente e non que podes sentir algo do que algunhas persoas sentiron cando estaban presas.

Anónimo dijo...

Cando Sara vai á casa da súa avoa descubre que no cuarto de seu tío, morto hai moitos anos, existe unha presencia fantasmal que quere saldar un asunto no mundo dos vivos.
No armario descobre documentos e cartas de amor do seu tío e investiga as circunstancias da súa vida.Descobre que estivo preso en San Simón e que alí deixou un obxecto que alguén había de recuperar algún día.
Vai ata a illa con súa nai, e dentro dun muro descobren o misterioso obxeto que resultou ser un anel.
O libro ten partes interesantes e outras que non o son tanto, pero en xeral é fácil de ler.

Anónimo dijo...

Este é un libro no que unha rapaza chamada Sara atopa unhas cartas nun moble na casa da súa difunta avoa en Viveiro do seu case descoñecido tío-avó Moncho. Son da época da guerra civil e son da que era a súa moza Sara Salgueiro. Tamén atopa un diario que escribira seu tío durante a súa estadía na illa de San Simón. Nel di que deixou unha cousa na illa e Sara e a súa nai van ata alí e descubren que era un anel que seu tío lle comprara a súa moza. Foi un libro bonito porque foi fácil de ler e en comparación cos outros que non había por onde collelos...

Anónimo dijo...

Trata dunha rapaza(Sara), que vai pasar todos os veráns á casa da súa avoa, en Viveiro.
Este ano morrera a súa avoa (mamá Laura) pola gripe, e Sara xa non quere ir, pero os seus pais obrígana. Como tamén vai o seu irmán Xabier coa súa familia, Sara ten que durmir na habitación do tío Moncho.
Pero de repente empeza a aparecérselle unha apariencia fantasmal e ela asústase. Pero máis tarde farta diso, empeza a buscar unha explicación e encontra nun armario mal colocado unhas cartas, nas que o tío Moncho se escribía cunha tal Sara Salgueiro.
Moncho vai preso á illa de San Simón e di que lle deixa algo nunha parede.
Sara e máis a súa nai van ver
o que atopan na illa e efectivamente atopan un anel. Cristina (nai de Sara), dille a Sara que a anel é seu, e entre as dúas volven sentir a apariencia fantasmal como se lle estivera agradecendo o que acababan de atopar.
Foi un libro que me gustou bastante máis cós outros, pois case todos falaban da Guerra Civíl, un tema un pouco aburrido, a pesar da súa importancia. Ademáis era fácil de ler e tiña moita intriga, e algún que outro encontro amoroso.

Anónimo dijo...

O libro gustoume moito, porque o seu contido é moi interesante, aínda que nun principio parece que vai tratar sobre un amor de verán, non é asi, e ademais, a min tamén me gustan os libros, películas... de temas de medo, parécenme moi interesantes esas historias, e este libro ten algo de todo, por iso me gustou moito.

Anónimo dijo...

Este libro pareceume interesante a pesares de que fala algo da situación durante a guerra civil pero aínda así estivo bastante ben pola intriga e polos temas de amor.

Anónimo dijo...

Gustoume porque combina a historia da protagonista e a dun dos seus familiares, o seu tío. Ela pasa as vacacións e atopa o segredo da súa familia, a vida do seu tío. A historia de amor que vivía o seu tío cunha mestra mentres estaba no cárcere, e moitas máis historias que menciona o seu tío nas cartas. É moi bonito porque a protagonista e a súa nai emocionanse pola vida no cárcere e máis as súas cartas e manuscritos.

Anónimo dijo...

A historia resultounos interesante porque nunca está de máis aprender cousas novas da nosa historia non tan afastada como a nós nos parece porque foron os nosos avós quen a viviron. Ademais mestura cousas tan serias como a Guerra Civil coa historia tan apaixoada coma a que lle sucedeu a Sara que é algo que nós estamos vivindo nesta etapa.

Anónimo dijo...

Gustoume algo porque Sara que é a protagonista se entera de moitas cousas que antes non sabía e que nin lle contaran como por exemplo que o seu tio avó fora profesor e estivera encerrado na Illa de San Simón e tamén no cárcere de León, de que quedara xordo que daquela só sabía que era carpinteiro na casa da sua avoa; tamen se enteirou de como se coñeceran seus pais. Ten a súa parte de medo pero se queres saber máis, mellor que o leas aínda que eu che contara moito quédache moito máis por saber e algunha historia tamén graciosa e por iso e por moito máis deberías lelo.

Anónimo dijo...

Paréceme moi interesante porque ao final descobre a historia do seu tio avó Moncho e que ao final tamén descobre o tesouro da illa de San Simón, pero non me gustou que trata algo sobre a guerra civil.

Anónimo dijo...

Este libro gustoume moito, o que máis me agradou foi que, cando estás lendo o libro, tes as mesmas sensacións que ten Sara. Parecéromme moi importantes as notas que falan da illa de San Simón, que axudan a coñecer como era o día a día na illa.

Anónimo dijo...

Este libro gustoume porque primeiro parecía de amor, pero despois foi de intriga, pois descubriu os papeis que o tío de súa nai deixara nun armario e tamén descubriu o anel que gardara na illa de San Simón.

Anónimo dijo...

Esta historia foi emocionante porque parecía que ía tratar sobre amor, pero só foi unha parte, pois o resto tratou sobre épocas pasadas e sobre aventuras, por exemplo cando buscaban na Illa de San Simón o segredo.

Anónimo dijo...

Penso que a combinación da guerra civil co amor fai deste libro un interesante e particular pasatempo que ademais de amosarnos a crueldade dos enfrontamentos bélicos, ensínanos a forza que alberga un simple sentimento entre dúas persoas namoradas... Talvez a guerra remate coa vida de moitas persoas, pero este relato fainos ver con outros ollos que a permanente presenza dunha persoa perdura eternamente no corazón dos demais.

LinkWithin