14/5/07

Unha imaxe vale máis que 1.000 palabras

Ás veces, unha simple fotografía fai cambalear unha sociedade enteira.
Dunha recopilación de 100 fotografías, amosámosvos algunhas das máis impactantes e que tocan os temas que tratamos este ano dende a biblio: as inxustizas sociais, as guerras e os dereitos –saqueados- da infancia. Pero recomendámosvos que vos acheguedes a calquera destas páxinas para lembrar moitas outras fermosas ou denunciantes imaxes:
http://sebaslander.blogspot.com/2007/03/una-imagen-vale-mas-algunas-que.html
http://digitaljournalist.org/issue0309/lm_index.html
http://www.taringa.net/posts/imagenes/122907/Fotograf%C3%ADas-que-hicieron-historia.html

A nena de Vietnam
O 8 de xuño de 1972, un avión norteamericano bombardeou con napalm a poboación de Trang Bang. Alí topábase Kim Phuc coa súa familia. Coa súa roupa en lapas, a nena de nove anos correu fóra da poboación. Nese intre, cando as súas roupas xa foran consumidas, o fotógrafo Nic Ut rexistrou a famosa imaxe. Logo, Nic Ut levaríaa ao hospital. Permaneceu alí durante 14 meses, e foi sometida a 17 operacións de inxertos de pel. Cualquera que vexa esa fotografía pode ver a profundidade do sufrimento, a desesperanza, a dor humana da guerra, especialmente para os nenos. Hoxe en día Pham Thi Kim Phuc, a nena da fotografía, está casada e con 2 fillos e reside en Canadá. Preside a 'Fundación Kim Phuc', adicada a axudar os nenos vítimas da guerra e é embaixadora para a UNESCO.

Execución en Saigón
"O coronel asasinou o preso; eu asasinai o coronel coa miña cámara". Eddie Adams, fotógrafo de guerra, foi o autor desta instantánea que amosa o asasinato, o 1 de febreiro de 1968, por parte do xefe de policía de Saigón, a sangue frío, dun guerrilleiro do Vietcong, que tiña as mans atadas ás costas, xusto no mesmo instante en que lle dispara a queimarropa. Adams, que fora corresponsal en 13 guerras, obtivo por esta fotografía un premio Pulitzer, pero afectoulle tanto emocionalmente que se reconverteu en fotógrafo do mundo rosa.


Espreitando a morte
En 1994, o fotógrafo Kevin Carter gañou o premio Pulitzer de fotoperiodismo cunha fotografía tomada nunha aldea en Sudán. Na imaxe pode verse a figura esquelética dunha pequena nena, totalmente desnutrida, recostándose sobre a terra, esgotada pola fame, e a punto de morrer, mentres que a figura negra expectante dun voitre tópase axexando e agardando o momento preciso da morte da nena.


A agonía de Omayra


Omayra Sánchez foi unha nena vítima do volcán Nevado de Ruiz durante a erupción que arrasou o lugar de Armero, Colombia, en 1985. Omayra estivo 3 días atrapada na lama, auga e restos da súa propia casa. Tiña 13 anos e durante o tempo que se mantivo atorada sempre estivo enriba dos corpos dos seus familiares. Cando os socorristas tentaron axudala, comprobaron que era imposíbel, xa que para sacala necesitaban amputarlle as pernas, porén carecían de cirurxía e podería morrer. A outra opción era traer unha moto-bomba que succionara a cada vez maior lama na que estaba sumerxida. A única moto-bomba disponíbel estaba lonxe do lugar, polo que só podían deixala morer. Omayra amosouse forte ata o último momento da súa vida, segundo os socorristas e xornalistas que a rodearon. Durante os tres días, estivo pensando soamente en volver ao colexio e nos seus exames. O fotógrafo Frank Fournier fixo unha foto de Omayra que deu a volta ao mundo e orixinou unha controversia acerca da indiferencia do Goberno Colombiano respecto ás vítimas. A fotografía publicouse meses despois de que a rapaza morrese. Moitos ven nesta imaxe de 1985 o comezo do que hoxe chamamos Globalización, pois a súa agonía foi seguida en directo polas cámaras de televisión e retransmitida a todo o Mundo.

No hay comentarios:

LinkWithin