23/5/07

Ler esta novela é unha experiencia fascinante

La conjura contra América de Philip Roth parte dun plantexamento de historia alternativa baseado nunha circunstancia real, a simpatía de Charles Lindbergh, o heroe americano da aviación, pola causa do nazismo. A partir desta premisa, Roth maxina un pasado diferente, no que Lindbergh se presenta como candidato republicano ás eleccións presidenciais norteamericanas de 1940, vence aos demócratas de Roosevelt e pon en práctica unha política de pactos con Hitler, que acaba desembocando na persecución dos xudeus norteamericanos.
O libro tece un denso e fascinante entramado de relacións familiares, afectivas e sociais no que non só participan os membros da familia Roth ou a pequena sociedade xudía de Newark, senón que interveñen tamén personaxes coñecidos, figuras históricas e acontecementos reais, que serven para retratar con extraordinaria vivacidade a vida norteamericana da época.
Trata, en fin, de como unha sociedade aparentemente moi cohesionada e segura de si mesma vese enfrontada á transformación ou mesmo á desaparición dos valores e crenzas que ata entón consideraba inmutabeis.

1 comentario:

Anónimo dijo...

É verdade. É unha historia fascinante porque evidencia o fráxiles que son as nosas sociedades, tan seguro e certo que parece todo e tan doado de manexar por un tolo perigoso que chega a presidente. Por certo, que cousa tan familiar, ou non?

LinkWithin