25/5/07

Día da Liberación de África

A Organización para a Unidade Africana (OUA) foi unha institución rexional que agrupaba os países do vello continente. Foi fundada o 25 de maio de 1963, e de aí a data do Día de África. A súa creación debeuse ao impulso de dous importantes líderes do Terceiro Mundo, Kwame Nkrumah e Gamal Abdel Nasser. Dende o 2001 foi reemprazado pola Unión Africana. Entre os seus fins, trata de promover a unidade e a solidariedade dos Estados africanos, erradicar o colonialismo e promover a cooperación internacional.
Por que falarmos de África?
Son moitas as razóns que nos impulsan, a máis arrepiante a dos datos, pero tamén a sensación de culpabilidade cara a ese continente:
- O último informe do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) sinala que dos últimos 50 países co índice de desenvolvemento máis baixo, 40 son africanos.
- Cerca de 936 millóns de persoas viven en África. Delas, 315 millóns fano na pobreza a pesar das enormes riquezas do continente. Uns 460 millóns teñen dificultades para alimentarse, 50 millóns pasan fame crónica.
- Son 300 os millóns de africanos que non teñen acceso á auga potábel, e 313 millóns carecen de servizos básicos de saneamento.
- Máis de 200.000 nenos son utilizados como soldados ou como escravos domésticos ou prostituídos.
- Máis de 78 millóns de nenos están sen escolarizar. A maior parte son nenas.
- Só en dous conflitos (dos que che falamos na nosa páxina web), Sudán-Darfur e República Democrática do Congo, producíronse sete millóns de vítimas.
- Na África subsahariana hai 28 millóns e medio de infectados polo VIH, dos que o 60 por cento son mulleres.
- As nefastas condicións de vida e a necesidade de atopar oportunidades profesionais ou persoais, teñen movido a emigrar a máis de tres millóns de africanos, o 47 por cento dos cales son mulleres.

Podes ver unha excelente referencia visual e realista realizada por 100 fotógrafos en 53 países do continente africano en:
http://www.olympus-global.com/en/event/DITLA/index.html

No hay comentarios:

LinkWithin