29/5/07

Artistas con enxeño

Maurits Cornelis Escher (1898-1972) é un dos máis grandes artistas gráficos do século XX. Tal vez a mellor definición que se deu del sexa a de «un dos máis recoñecibles e admirados polo gran público».
Quizais o carácter matemático das súas obras fixeron que sexa un dos artistas máis populares nos contornos científicos, especialmente matemáticos e informáticos. Curiosamente, os seus coñecementos matemáticos sempre foron moi limitados. Moitas das conclusións gráficas e matemáticas ás que chegou tivo que descubrilas por si mesmo. “Frecuentemente eu síntome máis próximo dos matemáticos do que dos meus amigos pintores”, escribiu certa vez.
Os expertos coinciden en que unha das súas principais características é a dualidade e a búsqueda do equilibrio, a utilización do branco e o negro, a simetría, o infinito fronte ao limitado, o feito de que todo obxecto representado teña a súa contrapartida.
As obras máis coñecidas de Escher son probablemente as figuras imposibles, seguidas dos ciclos, metamorfoses e, directa ou indirectamente, os seus diversos traballos sobre a estrutura da superficie e a partición regular do plano (patróns que rechean o plano).


"A menudo me encuentro más cerca de los matemáticos que de mis colegas los artistas. Todos mis trabajos son juegos. Juegos serios."

1 comentario:

charo dijo...

Queridos compañeiros, xuro que hai tempo que pensaba publicar unha entrada sobre Escher, pero quería buscar algúnha ligazón que me gustase especialmente antes de facelo. Resulta que hoxe publico a entrada, doume un paseo polos blogs e que vexo. ESCHER NO VOSO BLOG!!!.non mo podo crer. Debemos empezar a ter conexións mentais raritas. Xa nos pasou o mesmo con TAMARA DE LEMPICKA. por certo, a exposición xenial...

bicos
charo

LinkWithin