30/4/07

30 abril 1977-30 abril 2007: 30 anos de loita. 30 anos de vida vencendo á morte

Mil cinco centos sesenta e tres xoves.

Baixo a consigna ¡Ata a vitoria sempre, queridos fillos! as Nais da Praza de Maio celebran os seus trinta anos de loita. Trinta anos de vida vencendo á morte. Trinta anos de parir outro país. Trinta veces doce meses seguidos, cos seus xoves correspondentes, de volver á vida ás súas fillas e fillos que non están e loitan aínda.

A ditadura militar que gobernou Arxentina entre 1976 e 1983 fixo desaparecer entre 22.000 e 30.000 persoas. Foi tan inhumana a purga, tan profunda a ferida, que as súas consecuencias perdurarán durante xeracións. Aos detidos se lles torturaba atrozmente para despois seren asasinados. As nais non souberon nada ata bastante tempo despois, pero comezaron a súa peregrinación por comisarías e institucións gobernamentais. Neses lugares fóronse atopando e fortalecendo. Decidiron xuntarse para reclamar diante da sé do goberno. Así, foron por primeira vez á praza un sábado 30 de abril de 1977: 13 nais e unha xove que nun principio non quixo dar o seu nome; permaneceron alí ata que un policía as botou. Pero regresaron todos os xoves. Como estaba prohibido o dereito de reunión, agrupábanse de dúas en dúas. Os policías mandaban que circulases, e por iso decidiron dar voltas á praza. Semana tras semana sumábanse mulleres con novas historias de horror: máis panos brancos, máis forza.

Chamábanas as tolas da praza pero acabaron converténdose nas “Madres da Praza de Maio” e o seu berro deu a volta ao mundo. Distínguense usando panos brancos sobre as súas cabezas, os mesmos que anteriormente serviran como cueiros dos seus fillos desaparecidos.

A cada nai lle levou un tempo diferente aceptar que nunca recuperaría aos seus fillos. A chegada da democracia en 1983 abriulles unha luz, pero as leis de perdón acabaron coa investigación e o posíbel xuízo aos culpables.
Daquelas 14 pioneiras só quedan 5 con vida. Do brazo, como cada xoves dende hai 30 anos, seguen camiñando. Máis vellas, pero coa mesma forza. Xa bisavoas, pero convencidas de que os seus netos e as súas netas continuarán a loita: reclamo de tres xeracións que non cumpriría se tivese habido xustiza.

Se queres máis información:

27/4/07

Empoemémonos (II)

Segunda semana da nosa actividade especial da poesía. Aproveitando que acaban de lle entregar a Antonio Gamoneda o Premio Cervantes o 23 de abril, publicamos un dos seus fermosos poemas. Agardamos que xa a partires da semana que vén, sexades vós os que elixades os poemas a publicar.

Ira
¿Quién viene
dando gritos, anuncia
aquel verano, enciende
lámparas negras, silba
en la pureza azul de
los cuchillos?

Gritan ante los muros calcinados.

Ven el perfil
de los cuchillos, ven
el círculo del sol, la cirugía
del animal lleno de
sombra.
Silban
en las fístulas blancas.

Vi cuerpos al borde
de las acequias frías.

Amortajados
en la luz.

26/4/07

Nós tamén participamos!!!

Na campaña "Apadrina una palabra" tras a participación de 21.632 persoas de 69 países, apadrináronse máis de 7000 palabras, das cales a máis votada foi bochinche, que o diccionario define como tumulto ou alboroto; séguelle a palabra gaznápiro que designa a alguén palurdo, simplón ou torpe. E en terceiro lugar alféizar, que é a volta que fai a parede no corte dunha porta ou ventá.

Esta campaña tiña como obxectivo que os internautas hispanofalantes reflexionaran sobre o idioma, o seu uso e a súa evolución dun xeito lúdico e participativo.

Damos as grazas a todo o noso alumnado pola súa participación e a súa entrega. Felices palabras!!

22/4/07

Un lazo contra o cambio climático

O 22 de abril celébrase o Día da Terra. E diferentes organizacións ecoloxistas (Ecologistas en Acción, SEO/Birdlife, WWF/Adena, Greenpeace...) queren celebralo lucindo un lazo verde. Trátase dun xeito pacífico, pero visíbel, de protestar contra o dispendio de enerxía e o cambio climático e exhortar á acción a toda a cidadanía. Os ecoloxistas elixiron a cor verde porque representa a esperanza, a natureza e a vitalidade.
Este lazo verde é un símbolo para quen cre que non é posíbel seguir eludindo as nosas responsabilidades e que todos deberiamos participar de maneira activa na solución deste problema.
España segue a ser o país da Unión Europea que máis se afasta de cumprir os obxectivos do Protocolo de Kioto. As emisións de gases de efecto invernadeiro no noso país incrementáronse máis dun 52% respecto aos niveis de 1990, cando o compromiso era de non aumentalas en máis dun 15%. Este escenario pon de manifesto a insuficiencia e ineficacia das políticas emprendidas ata o momento para combater o cambio climático, o problema ambiental, económico e social máis grave ao que nos enfrontamos na actualidade.

21/4/07

Ler e pagar ou non ler: velaí a cuestión!

Non ao canon bibliotecario!!!
Unha norma supranacional europea esixe abonar un canon por cada préstamo nas bibliotecas públicas en concepto de dereitos de autor. A directiva europea 92/100 xurdiu por unha iniciativa danesa, a UE aprobouna e transformouse en directiva comunitaria que nos afecta a todos. O Tribunal Europeo de Xustiza sancionou a España por non cumprila no 2006. Está claro que é incogruente que cobren polo préstamo de libros e logo gasten fortunas en fomentar a lectura.

O Día do Libro de 2007 ten que ser un día de loita contra o préstamo de pago porque aínda que o Congreso dos Diputados dera vía libre ao canon por préstamo, aínda quedan moitas cosas por facer antes de que as bibliotecas se vexan obrigadas a pagar.
Reproducimos unhas palabras do escritor José Luis Sampedro:
"¿Se quiere fomentar la lectura? ¿Europa prefiere autores más ricos pero menos leídos? No entiendo a esa Europa mercantil. Personalmente prefiero que me lean y soy yo quien se siente deudor con la labor bibliotecaria en la difusión de mi obra. Sépanlo quienes, sin preguntarme, pretenden defender mis intereses de autor cargándose a las bibliotecas. He firmado en contra de esa medida en diferentes ocasiones y me uno nuevamente a la campaña".

O seu escrito completo está en: http://noalprestamodepago.org/2007/03/02/por-la-lectura/

O domingo 22 de abril de 2007, ás 12 horas, iniciarase a recollida dun millón de sinaturas en diferentes países para solicitar a retirada da Directiva Europea.
BIBLIOTECARIOS DE TODA ESPAÑA ABRAZARÁN A BIBLIOTECA NACIONAL NUN ACTO SIMBÓLICO DE REXEITAMENTO AO PRÉSTAMO DE PAGO EN BIBLIOTECAS

Máis información en: http://noalprestamodepago.org/

19/4/07

Vota pola Alhambra!!

Os xardíns colgantes de Babilonia, o Coloso de Rodas... As sete marabillas do mundo antigo desapareceron ou están caducas. Por iso, acábase de propoñer unha nova lista. O próximo 7 de xullo proclamaranse en Lisboa as novas sete marabillas, escollidas por votación popular na que todos podemos participar.
A nosa favorita é a única "marabilla" española: a Alhambra de Granada que, de momento, ocupa o noveno posto. ¿A que esperas para votar por ela? www.new7wonders.com

18/4/07

Empoemémonos (I)

Comezamos a rolda de poesía, tal como vos anunciamos na páxina web. Todas as semanas publicaremos un poema que vós podedes escoller ou escribir. Hoxe o autor escollido é JOSÉ ÁNGEL VALENTE, un dos autores preferidos da vosa profe bibliotecaria. Esperemos que coincidades no seu gusto:

“A veces viene la tristeza”

A veces viene
desde la tierra misma la tristeza,
viene desde el amor,
desde la ausencia del amor,
desde la piedra o el vegetal al hombre.

A veces está ahí oscura o despedida
por un pecho inocente.

A veces viene la tristeza de un lugar o del aire,
de la amistad caída o de un nombre vacío,
del sueño o de la infancia,
de una palabra que no pronunciamos,
de lo que creímos y ya no creemos,
de la esperanza y de la desesperanza
de la dura corteza del amor.

A veces viene la tristeza.

A veces hay en la tristeza odio,
ausencia y odio,
ceniza y rostros olvidados,
viejas fotografías y silencio
y una larga desposesión.

A veces viene, irrumpe
como un don invertido,
como un don que se da y no se recibe,
como lo nunca dado a la esperanza
o lo que, en fin, se acepta y da, pero no puede vivir.

A veces viene.
Viene o está.
A veces hay en la tristeza odio
y arrepentimiento y amor.

17/4/07

Morning Star

Daniel Colmeiro de 1º BC recomenda...

Este libro é moi entretido de ler. Conta as historias dun home que entra nunha banda de ladróns explicando como rouban e como fuxen despois da policía. O libro está ambientado na Galiza dos anos 20 e esta ambientación é moi realista. Fago unha recomendación a todas as persoas que miren este blog a lelo.
Morning Star
Xosé Miranda
Editorial Xerais

16/4/07

Un xogo de arte!


Un Detective en el Museo
Autor: Anna Nilsen
Editorial: Blume


30 cadros da Town Gallery foron roubados. O lector debe resolver o caso, localizando as copias falsificadas e identificando os culpables. Un libro que ensina a observar e a valorar as obras de arte. Inclúese unha explicación de cada cadro e un glosario de términos artísticos.

14/4/07

Obradoiro de animación á lectura

Nos meses de abril e maio a Fundación Eugenio Granell aposta pola realización dun obradoiro de aproximación ó mundo da literatura.
Músico, escritor político, periodista, escultor e sobre todo pintor, de Eugenio Granell non podemos esquecer a súa faceta como novelista. En relación coa actividade literaria do artista, nesta ocasión a fundación recollerá este proxecto dentro do cal dita aproximación será estudada dende dúas das súas vertentes. Por unha banda incentivar a lectura e pola outra familiarizar os participantes co proceso creativo literario.
O obradoiro será impartido por Antía Otero (A Estrada,1982) unha das caras máis novas dentro da poesía galega actual, é tamén vicepresidenta da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que nesta ocasión leva a reflexión artística a un ámbito máis pedagóxico para achegalo a un público máis novo.

A través da percepción de textos elixidos, dos que o poema e o conto infantil terán maior protagonismo, xunto con imaxes e fragmentos musicais, búscase que os participantes acaden unha comprensión e interpretación das diferentes propostas de traballo. A familiarización co mundo literario, terá lugar aunando o corporal e o perceptivo, contando con materiais de traballo que o neno xa coñece para deste xeito acadar a través da experimentación a creación literaria.

O taller está destinado a nenos de entre 10 e 15 anos. En horario de 6 a 7.30. Terá lugar os luns 30 de abril e o 7, 14, 21 e 28 de maio e 4 de xuño. O prezo por participante será de 30 € e o número de prazas por taller será de 15 nenos.

13/4/07

Apadrina unha palabra en vías de extinción

Como ben sabedes, o 23 de abril é o Día do Libro. Con tal motivo invitámosvos a que busquedes nos dicionarios de Lengua Española calquera palabra que non coñezades nin usedes e que vos guste especialmente polo seu significado, pola súa musicalidade... e que a adoptedes.
Axúdanos a salvar o maior número posible desas palabras ameazadas pola pobreza léxica, varridas pola linguaxe politicamente correcta, ou perseguidas por estranxeirismos. O próximo día 23 de abril, coas palabras máis apadrinadas por ti e por todos os internautas que participen nesta iniciativa, crearemos un novo hábitat onde quizais este anño non estean as palabras máis fermosas, pero si as máis necesitadas.

Unha verdade incómoda

O cambio climático resulta ser unha das preocupacións actuais máis importantes do ser humano. para que teñades unha visión sen críticas xornalísticas nin intereses económicos polo medio ofrecémosvos a lectura ou a visualización dun libro ou dun filme cunha verdade irrefutable: debemos cambiar os nosos hábitos de consumo se queremos axudar a salvar o noso planeta.

Recén chegada...

El laberinto del Fauno
-Director: Guillermo del Toro
-Duración: 114 min
-Protagonizada por Maribel Verdú, Sergi López e Ivana Baquero


Segundo Stephen King, a mellor película de fantasía dende "El Mago de Oz".
Este filme sitúanos no ano 1944 e cóntanos unha apaixoante viaxe que emprende unha nena a unha vila onde topará un labirinto no que habita un fauno, quen lle revela que é unha princesa.

Avalada polos seus numerosos premios recomendámosvos a elección desta película para os vosos ratos de lecer.

4/4/07

Algo máis que números...

Desde o Departamento de Matemáticas queresmos recomendarche que lle botes unha ollada aos libros que temos na Biblioteca. Estes libros van máis alá das que vos considerades aburridas operacións matemáticas: xogos de inxenio, lóxica, literatura, banda deseñada, fotografía...


Como un exemplo da relación entre Matemáticas e Literatura, aquí tedes un pequeno fragmento de "El Quijote":

"Tras ellas venía la condesa Trifaldi vestida de finisima y negra bayeta por frisar. La cola, o falda, o como llamarla quisieren, era de tres puntas, las cuales se sustentaban en las manos de tres pajes, asimesmo vestidos de luto, haciendo una vistosa y matemática figura con aquellos ángulos acutos que las tres puntas formaban."

LinkWithin