1/3/07

Un libro especial


Comprei este libro despois de ler o blog dun compañeiro de fatigas, quen supoño ama os libros tanto coma min. El comentaba no seu blog: “Hay libros que cuando entran en la biblioteca es un placer catalogarlos... Se produce una complicidad extraña en la que te sientes no solo como alguien que facilita el acceso a esa obra”.

Non xa cando entran na biblioteca, senón no instante mesmo da compra. Cando o collín entre as mans, sentín posuír unha pequena obra de arte. E corrín a ensinárllelo a tod@s aqueles que pasaban por diante. Non é só o que conta o libro, son as magníficas ilustracións que contén. Non canso de ollalo. Ogallá vos pase a vós tamén.
Ademais, non só cómpre coñecer o libro, cómpre coñecer o autor. Non vos parece extraordinario que unha persoa sexa o LECTOR de Borges? Manguel foino. Por iso e tantas cousas, convídovos a acercarvos á biblioteca: libros marabillosos coma este estanvos agardando.

1 comentario:

Concha dijo...

Que marabilla! Dá gusto abrir esta porta e atopar tantas cousas, tantas recomendacións... Tomamos nota. Grazas!

LinkWithin