1/3/07

A Guerra Civil

Do 12 ao 16 de febreiro puidose visitar no IES Pintor Colmeiro a exposición "Os mártires do mar" promovida pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, con motivo do Ano da Memoria. Con este motivo recomendamos un libro e a súa versión cinematográfica, que poderedes atopar na sección de DVD's.


"Soldados de Salamina" (Tusquets Editores)

Tras abandonar a súa carreira de escritora, Lola investiga a historia de Rafael Sánchez Mazas, un escritor falanxista que nos últimos días da Guerra Civil estivo, con outros 50 prisioneiros, fronte a un pelotón de fusilamento. Rafael logrou fuxir e esconderse... pero hai moito máis que debes ler.

1 comentario:

Gonzalo Filloy e Cristina Fondevila dijo...

O ano 2006 foi denominado o ano da Memoria Histórica, xa que por desgraza 70 anos antes un grupo de fascistas asoballadores dun pobo borrego rompeu a orde constitucional instaurada pola República; Unha República que quizáis fose demasiado adiantada para a mentalidade dos españois da época. Sen embargo, hoxe en día debido á educación á que temos acceso todos, somos capaces de valorar a traxedia que supuxo a Guerra Civil Española, xa que acabou cun réxime democrático e liberal. Ainda así outros prefiren mirar para outro lado e non recordar unha parte tráxica da nosa historia e así deixar impunes os atroces crimes que nela se cometeron.
¡¡¡¡¡¡¡¡¡ VIVA A REPÚBLICA !!!!!!!!!

LinkWithin