28/2/07

Videoteca


Esta semana recomendamos unha das mellores películas que podes atopar nos fondos da Biblioteca.

EL SEÑOR IBRAHIM Y LAS FLORES DEL CORÁN
Director: François Dupeyron


Esta película trata da amizade que se entabla entre dúas soidades, unha que empeza a vivir e outra que se atopa no final do percorrido. Entre un neno, Momo, que foi abandoado por un pai inepto, e un ancián, Ibrahim, que leva unha existencia triste e rutinaria detrás do mostrador da súa tenda de comestibles. Premio ao mellor actor no Festival de Venecia (2003).

Os poemas da PAZ

Comeza o ano cunha celebración moi especial: o Día da Paz o 30 de Xaneiro. Dirixidas desde a Biblioteca levaránse a cabo diferentes actividades para conmemorar esa data. Como primeira actividade, de entre tantas e tantas poesías escollemos esta de Celso Emilio Ferreiro. Desfrutade da lectura:

"Digo bomba de fósforo.
Apenas digo nada.
Digo lombriga e larva de carne podrecida.

Digo nenos de napal,
terror de noite e de selva,
fedor de cidade e cloaca.
Fame, suor, aldraxe,
pugas de aceiro, antropofaxia.

Digo guerra bestial,
tremos de terra, crime, lume, lava,
estoupido, verdugo
e mortandade en masa.

Digo gas abafante.
Apenas digo nada.

Digo yanqui invasor,
depredador de patrias.

Digo plutonio, pentágono,
esterco bursátil, palanca,
Presidente, gasoupa,
chuvia, amargura, baba.

Digo petróleo, ferro,
Mineral, trampa,
lobo, caimán, polaris, cóbrega,
miseria, diplomacia.

Digo devastación que USA, usa.
Apenas digo nada.

Digo Vietnam i está xa dito todo
cunha soa palabra.
Pra abranguer a vergonza do mundo,
digo Vietnam e basta."

Animais entre páxinas

animalesl.jpg


U
nha das premisas deste blogue será presentarvos as novidades que vaiamos adquirindo na Biblioteca. Hoxe queremos falarvos da colección "Animales, S.L." sobre a sociedade animal, a súa evolución, ecoloxía e conservación. Unha visión actualizada do mundo animal en 22 libros e 22 DVD elaborada por científicos españois con documentales da BBC.
Vínde a coñecela!!

Ola a todos!!!!

Comezamos o ano, que non o curso, cun novo proxecto e horizontes que ampliar. A partir de agora terás unha nova páxina virtual para opinar, comentar, engadir ou mesmo criticar as túas lecturas, suxerir actividades e achegarte máis ao mundo máxico e marabilloso que un libro nos ofrece.



LinkWithin